Escrito por xpab
Martes, 11 de Diciembre de 2007 20:15

Impresionante o mal tempo que nos está traendo este Outono. Tan malo é, que case nos está deixando sen auga. A continuación mostro unha foto de meteogalicia onde se ve a previsión para a mañá do venres. Nin en pleno agosto.

b_1280_0_0_0___images_stories_galiformia.jpg 

Aproveitando este tempo, estaría ben ir a xogar unha pachanguiña sobre as 16:00. É case que a única maneira de xogar en Brigantio, xa que conseguir unha pista cuberta e con luz neste concello presúmese case imposible. Unha opción é a pista de Guiliade, que é cuberta, pero en canto se vai algo de luz, ou tes a sorte de coñecer a alguén con chaves para acender ás luces ou xa podes xogar.... ás apalpadas. É triste, pero é o que hai nunha vila de 13000 habitantes, situación denunciada ano tras ano, lexislatura tras lexislatura. En Arteixo teñen 6 divisións só de fútbol sala. ¿Será tanto pedir unha para Brigantio?

Fin de Ano. Gigoló 2007
Fíxose tamén unha convocatoria, apoiada pola maioría da "organización", para limpar o local de fin de ano ás 18:30 do sábado. Barallouse esta data pensando que lle viría ben a todo o mundo: sábado pola xente que está fora e que traballa, e contra a noite para que Juan (e suponse que a xente que estudia, en xeral) poidan vir a botar unha man sen partirlles a tarde, ou para que outra xente que traballa en sábado poida acudir.
En canto ó de Gigoló 2007 (esperemos que o acto non se veña abaixo por recentes polémicas), suponse que Alexito colgará as convocatorias contra o fin de semana.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 24 invitados conectado(s)