Vida Social Fiesta Karre 4 Life
Escrito por xpab
Miércoles, 07 de Abril de 2010 17:18

Fiesta

O que se viña rumoreando todas estas semanas semanas sobre o gran concerto no karre, por fin ocurrirá. Como algúns xa hai moito tempo que se cansaron de que os concelleiros só se movan para ir a cobrar a nómina, tiraron de contactos, xeneradores e algún centro comercial abandonado e organizaron o KARRE 4 LIFE. En concreto, os pais da criatura son os colaboradores habituais da páxina, os semi-administradores Jasava e Jovendemente. Será o vindeiro sábado 17 e terá actividades de skate e concerto, con barra para quen desexe tomar un piscolabis. O acceso será de balde. O cartel é o seguinte....

 

b_500_500_16777215_0___images_stories_Karre_Betanzos_pax.jpg

Para os que desexen comentar algo do evento, ademáis desta propia páxina (quizáis a oficial do acto), teñen un enlace nesa trapallada chamada facebook, pinchando aquí.

E para os máis  despistados, unha axuda para atopar o evento (preguntar polo pasatempo, o acto será detrás, ou simplemente guiarse polo barullo).

 


Ver Karre Skatepark en un mapa más grande

Aquí unha imaxe cos lugares máis destacados, para asegurarnos que ninguén se nos perda:

b_500_500_16777215_0___images_stories_Mapa_pax.jpg 

 

Dende aquí só nos queda desexar que saia todo ben, que non pase nada, que non acabe todo como no macrobotellón de informática, onde a xuventude desquiciada e imbécil mostrou de que é capaz. Esperemos ver a outra xuventude, a solidaria, participativa e constructiva, para que den ganas de repetir o evento e a nós de dar outra noticia do mesmo. Que Betanzos siga sendo un exemplo do que o pobo pode facer se hai ganas cando non hai ninguén disposto a facelo por él.

Comentarios  

 
# Jovendemente 07-04-2010 17:36
Gracias pola inmediatez na publicación. De paso comunico que o máis oficial que temos é precisamente a "trapallada" esa do Facebook, xa que é o único medio público que Javi ou eu administramos directamente. Os tempos cambian, ¡é o que hai! -burla
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# de rien...xpab 07-04-2010 17:55
Info que faltaba:

Festival autogestionado, organizado por skaters y músicos de Betanzos con la intención de dar una alternativa a los grupos locales y mejorar las rampas del único sk8park indoor de la zona.

CARTEL:

- SAMHAIN - Rock (Betanzos)

- LA SENDA DE AFRA - Pop Rock (Coruña)
www.myspace.com/lasendadeafra

- SRA/SR/SRA - Punk (Coruña)
www.myspace.com/srasrsra

- BRAINS EXPIRED - Punk Rock (Coruña)
www.myspace.com/brainsexpiredband

- EOTEM - Metal (Sada)
www.myspace.com/eotem

- LAKONFUSSI
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# alli nos vemosfromoza 08-04-2010 21:37
esa info ahi! os la iba a mandar pero ya estais al tanto, espero veros por alli, desde la mañana andaremos organizando.
saludosssss
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# globo 11-04-2010 19:14
onde estan os pais de eses rapaces que estan invadido propiedade privada si logo pasa algo votaranlle a culpa a concellal correspondente pero non se dan conta que non teñen control sobre os seus fillos e depois todos borrachos e si se que acabaran en macrobotellon e seguramente acudan
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# xpab 11-04-2010 20:35
E que opcións teñen eses pais tan irresponsables?? Atar ós fillos na casa??... Animalos para que se vaian a facer botellón a outro lado??... Decirlles que escollan outras das cero actividades que ten o concello preparadas para eles???

Que está ben ir a unha propiedade privada??, non. Pero tamén digo que cando se intentou organizar ben, na praza do concello todo o que recibiron foron TRABAS.

E ainda que non poño a man no lume pola rapazada de hoxe, tamén podo decir que en ningún dos precedentes acabou todo o mundo borracho e en macrobotellón.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# fromoza 11-04-2010 21:05
Coincido con xpab, por algo lo hacemos, desde luego nuestra iniciativa no es incitar al botellon sino todo lo contrario, o falta información o el texto anterior era por poner algo.
Lo de invadir, se puede cambiar por reutilizar facilmente no? todo depende como se diga.Se intento hacer el evento en el pasatiempo... y largas y largas, ya paso año y medio, creo que no iba a haber respuesta positiva y menos ahora tal como esta el percal.
Y las culpas no hace falta que pase nada grave para hecharlas pk estamos hartos de hablar y escuchar falsas promesas .
Si hay que aclarar mas cosas encantados, se supone que el evento es algo positivo.
nos vemos !
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# ALEXito 12-04-2010 21:06
Ben dito.

Desde logo, eu confío bastante máis na mocidade desta vila que na clase política... :88-):
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Skate&RockJovendemente 13-04-2010 00:28
Precisamente o título do festival leva engadido Skate&Rock, porque o que pretendemos e fomentar o deporte é a música, e dicir, o exercicio e a cultura, xusto o oposto do macrobotellón, que se podería facer en lugar e data calquera. Se se complementa cunha oferta de bebidas é porque a electricidade non se paga soa, e a única aspiración que temos por esta banda é a de acadar o precio que custa o aluguer do xenerador e mailo gasoil, e se sobra algún carto, mercar catro tableiros para mallorar a pista (na que calquera pode patinar), dendo logo, non pretendemos que todo o mundo acabe tirado polo chan.

Por outra parte, os organizadores temos asistidos máis dunha vez a actividades deste tipo, e nesta nave abandonada temos a proba de como un grupo de rapaces pode levar anos comportándose exemplarmente e facendo un traballo magnífico sen necesidade de que pai ningún ande detrás deles.

Polo demáis, se como ti dis, todo acaba en macrobotellón, non será por iniciativa nosa, e os organizadores seremos os primeiros en dar marcha atrás e recoñecelo erro. Mentres tanto, eu doulle á mocidade desta vila un voto de confianza.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Guest 13-04-2010 14:33
E que para este pobo todo o que non sexa consumir na hostelería e pijerío encerrado en Cartoons e polo estilo meténdose hasta atrás é chusma... que se lle vai facer, pobres ignorantes....
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 8 invitados conectado(s)