"Hai que repetilo". Con ese pensamento de seguro que se foi moi xente a noite do venres da casa de Inés, que celebraba a súa entrada no cuarto de século. Ademáis da anfitriona e Villa, acudiron á cita Valen, Silvia, Xeme, Álex, Juan, Daniela, Javi, Estela, Novo e Pablo. As algo máis de 6 horas pasáronse bastante rápido, i é que eran moitas as "actividades" a facer: churrasco, cociña moderna, ping pong, facer de aizkolari, etc. Ata pasadas as 23 non se ceou. A cea, case monotemática en canto a conversación, está en parte gravada, como o resto da velada e os torneos de ping pong, que narro a continuación. Por outro lado decir que este acto sustitúe ó que tiñamos algúns previsto de ir o sábado 30 por Santiago, que quedou definitivamente cancelado (excepto para Angelito).
Campeonato de ping-pong
Foi completa a xornada en canto ó deporte rei na casa de Inés: o ping pong. O gran dominador foi.... en fin, para que decilo. Na liga o podium estivo composto por Villa (7 victorias), Javi(6) e Álex(4), que se levou o terceiro posto pola diferencia de +2 puntos, mentre que Pablo e Valen, coas mesmas victorias, acadaban o 4º e 5º posto ó ter +1 e -3 puntos (entre eles, claro), respectivamente. Por debaixo quedaron Juan (2 victorias) e os retirados Novo e Inés. Na copa o cadro de cuartos estivo formado por Javi vs Villa (final anticipada), Álex vs Juan, Valen vs Pablo e Novo vs Inés. Nas semifinales, Villa chimpou a Álex e Valen a Inés. Na gran(?) final, Villa fulminou a Valen, que non fixo honor á súa condición de finalista ó ser humillado por 11-1.
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|