Monólogo en Brigantio... haberá máis?
Escrito por xpab
sábado, 16 de febrero de 2008

O pasado Venres 15 de febreiro houbo un divertido monólogo de David Amor. Foi contratado pola cervecería Zoki e levouse a cabo nunha hora moi acertada: estaba programado para as 22:20, ainda que finalmente comezaría sobre as 22:50.

O monologista tratou multitude de temas, e neste caso a súa longa duración (sobre 2 horas) non provocou o aburrimento da xente. O humorista xogou con temas da súa vila natal, críticas a políticos e relixiosos e rematou "disfrazándose" de yonki. O bo ambiente do local, totalmente cheo, tamén colaborou para facer o acto máis atractivo.

O caso é que sería unha pena que este tipo de actos se perdesen por un cambio de goberno local. Está máis que demostrado que é unha boa alternativa para as noites dos venres, e que compensa totalmente ós hosteleiros que acceden á que o acto se celebre nos seus locais. Non sei se está programado algo para esta temporada, pero se así é, pois poñédeo nun comentario e así seguro que non son o único que se leva unha alegría. E se se sabe que non se van a levar a cabo, pois a poñer un comentario tamén para poder criticar a supresión do principal entretemento cultural das noites de venres de Brigantio nos últimos anos.

 

Comentarios
Añadir nuevo
valba  - Cultural? SAdministrator | 2008-02-17 11:37:05
Pois eso, non digo que non sexa algo entretido e que trae a xente, pero adornalo como algo "cultural" moito me parece...
xpab  - non sei... 213.60.182.xxx | 2008-02-17 11:43:05

Non sei entón, que é??? un acto...... deportivo??
valba  - non sei... SAdministrator | 2008-02-17 12:44:02
Si non é cultural ¿a única opción é que sexa deportivo? Eu deixoo en acto lúdico. É como si se organiza un concurso de contar chistes. ¿eso tamén é un acto cultural? ¿deportivo?
xpab  - o caso é.... 213.60.181.xxx | 2008-02-20 15:14:57
O caso é, que este ano, os monólogos, sexan actos culturales, deportivos ou sexuales, vai ser que nanai de la china
Juan M.  - Monólogos xa!! 193.144.79.xxx | 2008-02-21 17:04:44
Teño morriña dos monólogos, se é que se pode dicir así.
¿Qué sucede agora cos monólogos?
Paréceme un erro non adicar unha parte dos recursos do concello a unha actividade que quedou máis que demostrado que enchía de público o local onde se producían ditos monólogos.
Non só iso, senón que ademáis pode facer que betanceiros aburridos teñan a posibilidade de pasar un rato divertido nun local do seu pobo.
Gustaríame volver a ter monólogos na nosa cidade, que de seguro resultarían moi divertidos.
xpab  - pois chico... 213.60.182.xxx | 2008-02-21 17:46:43
Creo que este ano como moito teremos que conformarnos con oír os venres os "monólogos" do inglés na liga de Coirós....
mikel  - bisca barsa 82.213.177.xxx | 2008-05-09 15:04:44




pal barsa to menos esto:
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >