Inicio arrow Vida Social arrow Fiesta
Fiesta
Escrito por xpab
miércoles, 08 de agosto de 2007

Como se pode observar en calquera calendario de festas de Betanzos, os actos van a ser os mesmos que outros anos, a pesar de que a renovación das festas era unha das propostas que había en tódolos grupos nas eleccións municipais. En fin, aínda foron onte como quen dí e haberá que darlles tempo. Polo menos hai que agradecer que reduxeran o número de "verbenas" en varios días, pero as actuacións musicais siguen sendo tan malas como sempre (en opinión persoal, claro) se ben o señor Cibera se salva por ser bastante "mediático" e polo tanto por ser un posible foco de atracción de xentiña.

No que respecta á xente Brigantio, o máis normal é as festas pasen desapercibidas como tódolos anos... para case todo o grupo. Sen embargo a algúns nos segue gustando, por exemplo, ver saír ó globo, víramolo 10, 20 ou 50 veces (outros simplemente non o ven non porque lles guste ou non, se non pola razón aplastante de que "siempre es lo mismo"). Se se repasa o panorama, vese que tampouco está a cousa para botar cohetes (que creo que este ano literalmente non se botan): Sergio na secta, Pablo e Novo currando, Angelito e Alexito "proxectados", Valen en exames, Juan un pouco de todo....

Pese a todo, os Caneiros son a sábado. ¿Que consecuencias pode ter para nós esto? Pois basicamente, ningunha, como se fosen a luns... Esta romería, despreciada dende hai anos pola maioría da xente do grupo (non digo que teñan ou non razón) pasará desapercibida para esa maioría. Novo e Pablo soen ser os únicos que se animan, aínda que este ano se conta tamén a lo menos con Juan para os primeiros. Para os segundos, tamén vai vir en principio Sergio, e, polo tanto, pode que bastante máis xente, tendo en conta a capacidade de convocatoria de tal persoaxe. 

Pois pouco máis, só agardar que nos días dos Caneiros veña bo tempo, que non haxa tantas avispas (de feito están fumigando) e que haxa tan bo ambiente coma sempre. E que no globo non choiva nin faga vento, que esté todo perfecto para fastidiar ós graciosillos que sempre están desexando que pase algo (que se vaian a unha praza de touros...). 

Aí quedan as posibles "convocatorias" para os Caneiros, ás que oxalá se vaia sumando máis xente:

Caneiros I (18 agosto): Novo, Pablo, Juan, Daniela(?), Estelilla(?)

Caneiros II _(25 agosto): Novo, Pablo, Sergio, Juan(?), Compañeiros de Sergio(?) 

Fiesta
Escrito por xpab
jueves, 12 de julio de 2007

Seguindo o meu estilo popurrí-noticias das últimas semanas, vou describir un pouco o que pasou en Ortigueira (aínda que non terei fotos porque Sedenka non mas pasou a tempo...) xa que foi moi solicitada, e de paso, vou comentar a debacle do Brigantio en fútbol praia.

Crónica dunha Ortigueira... fugaz

Poucos foron os días que permanecimos en Ortigueira este ano. Os que máis, un par de días. Todo comezou o venres 6. Novo i Estela xa foron para alí pola tarde, para que cando chegáramos Sergio i eu o seu nivel de alcool en sangue compensara co noso para ter unha media entre todos digna de Ortigueira. Polo medio, algúns (bueno, mellor dito "algún") foi a xogar a fútbol praia co Brigantio. A viaxe dende Betanzos a Ortigueira foi tendo unha discusión entre Seoanes, como non podía ser doutra forma no consemanmóbil. Xa coa noite pecha, os catro supervivintes da opción Ortigueira -en principio íamos ser moitos máis- reuníronse para unha noite de xolda. Cos niveis de alcool baixo mínimos na zona de acampada (jovendemente e sedenka acabaron con casi todo) o grupo tiña que decidir: ou quedarse a durmir ou ir de carallada. Sobra decir a opción que se escolleu. Quedaba un cartón de viño, que pedía algo de coca (cola...en Ortigueira é necesario aclarar) para facer o noximocho. Ala foi o grupo de espabilados a comprar 3 latas de coca (cola) por o módico prezo de 6 euros. Xa co combustible, o grupo decidiuse a baixar ata o pobo, ás 3 da mañá cando, evidentemente, non había xa concertos. Sempre a contracorrente, os catro chegaron ata o pobo. A pesar de non quedar concertos "oficiais", había os típicos que cuns tamborciños amenizan a noite nas escaleiras do concello. Alí estivo o grupo un bo rato. Unha vez que se cansou de escoitar ós dos tamborcillos, NoEsPaSe cambiaron de emprazamente e renovaron avituallamento nun 24 horas improvisado. Entón Sergio sacou a petaca (sí, a súa mítica petaca!!!) pero esta vez en forma de botelliña de pisco. Entón fixeron un culín de cubata con pisco (bebida chilena parecida á caña) que o señor Seoane (pero esta vez Sergio Seoane) se baixou case íntegramente. Aínda viría un cubata máis de ron cacique que lles "prestou" un espontáneo a cambio de coca(cola) ó que o señor Seoane (seguimos falando de  S.S.R.) non dubidou en darlle uns bonitos lingotazos. Os demáis tivéronse que conformar co noximocho, porque se intentaban beber das outras bebidas xa sabían o que lles esperaba. Unha vez improvisado o sitio para facer unha especie de botellón, os protagonistas da historia tiveron a boa sorte de atoparse con outro grupo musical calexeiro que se emprazou o suficientemente preto para que puidéramos bailar os seus sensuales ritmos. Entón unha rapariga achegouse... a Estela, durante un rato, ata que nos veu ó resto. Despois de estar un bo rato bailando, o grupo subíu ata a zona de acampada en medio de xente surrealista con comentarios surrealistas. Xa arriba, o grupo foi a durmir... bueno, case todo o grupo. Aínda algúns (digamos señor Seoane, pero esta vez non o do ron ou pisco, o outro) tiveron os folgos de irse a dar un chapuzón, onde había cousas moooi extrañas (o que fan as drojas) como un tío que estaba escribindo na area con letras enormes "madre, porque nos has hecho así?" ante a atenta mirada dun colgao (de P. Seoane non, doutro) máis cheo que S.Seoane. Entón P. Seoane tivo a feliz idea de preguntarlle se era católico e o tío respondeu que se refería á nai terra. P. Seoane tivo o suficiente sentido como para saír dalí pitando. Antes de chegar á tenda, case de día, tivo tempo a ver como unha parella satisfacía os seus desexos sexuais na orilla mentres que el paseaba placidamente a uns metros deles. 

O sábado pola mañá, tras unha poucas horas durmidas, os "veciños" empezaron a utilizar os megáfonos, de moda en Ortigueira nesta edición, para decir perlas como que "quen quera coca que veña por aquí" ou o "o Jose de Touro é un drojadicto", reiteradamente, por se non te enterabas ben á primeira. Polo demáis, a tarde pasou rápido entre sestas e baixar ó pobo, onde o grupo se atopou con Julia e cía., compañeiros de acampada deste ano. E despois en Betanzos na feira medieval, á que xa se adicou Valentín de facerlle unha crónica.

Debacle do Brigantio 

A pesar de ir este ano con moitas ganas, a falta de ambición e a presencia dun par de equipos difíciles no grupo fan que o Brigantio esté xa, con tres partidos transcorridos, virtualmente eliminado. No último partido, no que faltaron Pena, Sera e Bello e con Dani de porteiro, polo menos prantouse cara. O Brigantio fixo quizais o seu mellor partido, e ata se chegou a adiantar no marcador con gol de Argui. Sen embargo ó descanso xa se chegaría con empate a uns. A cousa foi bastante rápido despois, ata chegar a un desalentador 1-6. Finalmente Argui e Juan maquillarían o resultado ata o 3-6 final que deixa ó Brigantio practicamente fora (salvo miragre) da fase final. 

Fiesta
Escrito por xpab
martes, 03 de julio de 2007

Finalmente sí. Finalmente haberá Ortigueira. O Caudillo salvador apareceu para rescatar a tradición (semi)milenaria. O que eu sei (creo que é o que hai) é o seguinte:  Novo i Estela sairán para alí o venres pola tarde. Teñen unha tenda (ou dúas, non sei) e poderían ir montando, máis que nada porque os demáis (Juan, Daniela, Sergio e Pablo) imos chegar de noite. Julia tamén irá pola tarde, pero creo que só tiña unha praza. Juan e Daniela só pasarán a tarde do Venres, así que nos debería de chegar con dúas tendas, ainda que teñamos que durmir apretujados un día nelas. Creo que basicamente é o que hai. Agora temos os "comentarios" para fixar o modus operandi.

En arriva.es están os horarios de bus (existe un apartado especial). Tamén está a posibilidade de renfe-feve. 

Fiesta
Escrito por valen
domingo, 01 de julio de 2007

Comunico que ya están subidas algunas fotos de la reciente fiesta en casa de Inés del pasado viernes. Había muchas mas, pero tampoco era plan de saturar el espacio con mas cien fotos, así que se tuvo que hacer una pequeña selección previa para escoger las mas singulares.

 

Aparte de lo anterior, este que escribe quiere dejar constancia de su personal satisfacción por la velada vivida hace un par de días, llena de emociones, risas y buena conversación que sirvió para olvidarse por unas horas del estrés que sufrimos muchos estos días.

 

Un 10 para organización e invitados, que desde luego conformaron una gran jornada que esperemos se repita, como muy tarde, dentro de otro añito.

 

La única nota negativa de la jornada fue la ausencia de Xiao, que por razones de presión social canina en los alrededores se tuvo que quedar en casa y no pudo disfrutar del churrasco que tanto le gusta. Pobriño el, esperemos que el próximo año no falte.

Fiesta
Escrito por xpab
sábado, 30 de junio de 2007

"Hai que repetilo". Con ese pensamento de seguro que se foi moi xente a noite do venres da casa de Inés, que celebraba a súa entrada no cuarto de século. Ademáis da anfitriona e Villa, acudiron á cita Valen, Silvia, Xeme, Álex, Juan, Daniela, Javi, Estela, Novo e Pablo. As algo máis de 6 horas pasáronse bastante rápido, i é que eran moitas as "actividades" a facer: churrasco, cociña moderna, ping pong, facer de aizkolari, etc. Ata pasadas as 23 non se ceou. A cea, case monotemática en canto a conversación, está en parte gravada, como o resto da velada e os torneos de ping pong, que narro a continuación. Por outro lado decir que este acto sustitúe ó que tiñamos algúns previsto de ir o sábado 30 por Santiago, que quedou definitivamente cancelado (excepto para Angelito). 

Campeonato de ping-pong

Foi completa a xornada en canto ó deporte rei na casa de Inés: o ping pong. O gran dominador foi.... en fin, para que decilo. Na liga o podium estivo composto por Villa (7 victorias), Javi(6) e Álex(4), que  se levou o terceiro posto pola diferencia de +2 puntos, mentre que Pablo e Valen, coas mesmas victorias, acadaban o 4º e 5º posto ó ter +1 e -3 puntos (entre eles, claro), respectivamente. Por debaixo quedaron Juan (2 victorias) e os retirados Novo e Inés. Na copa o cadro de cuartos estivo formado por Javi vs Villa (final anticipada), Álex vs Juan, Valen vs Pablo e Novo vs Inés. Nas semifinales, Villa chimpou a Álex e Valen a Inés. Na gran(?) final, Villa fulminou a Valen, que non fixo honor á súa condición de finalista ó ser humillado por 11-1.

 

 

Más...
Resultados 28 - 36 de 43
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación