Como ben informou Alexito no seu día, xa podemos decir que hai local para fin de ano con toda a seguridade do mundo ou, mellor dito, sen nada de seguridade do mundo. Digo esto segundo porque este ano imos ter que obrar minimamente o "novo" local para que non haxa incidentes-accidentes. Ademáis hai que ir recopilando temas musicais para darlle ambiente á festa. Por exemplo, esta "perla" que me atopei por internet (dalle a "VER MÁS" se queres ver algunha perla máis e saber algo máis de finde-ano):
Como dixen antes, hai que choiar no local, ademáis das habituais limpezas e coberturas dos lugares menos "agraciados". O caso é que hai un pequeno inconveniente que lle dará emoción á noite. Trátase dun curto tramo de escaleiras sen pasamáns. O caso é que non debería haber problemas, pero o estado da xente nesa noite (digamos que en xeral é non óptimo) levaron á comisión de festas encabezada por Juan M. a prantexarse a construcción dun pasamáns artesanal. Xa son moitos os que se prestaron para botar unha man (Brigantio.com ó completo, habituais como Jovendemente, todo un veterano en chapuzas dragadenses como Seoane Father, unha habitual como a nai de Juan M., etc) así que entre inxenio e arrimar o hombreiro, non debería haber problema.
Asistencia
Según uns cálculos recentes de Juan M., a presencia FIXA cífrase nunhas 30 persoas, lista que quizais máis adiante se publique por estes lares. Alí estará, por suposto, a cobertura gráfica de Brigantio.com, así como os pais da criatura para dar fe de tal evento.
Comeza a conta atrás. Queda un mes, pero no mundo brigantio todo transcorre moi depresa, así que xa podemos ir decindo o de: "Preparados.... listos....X.......!"
Outra perla
Como son home de palabra, aí vai a outra perla que prometera. Alguén sería capaz de superar esta penosidade??![]()
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|