A pesar de que aínda sendo luns, foron moitos os sitios onde había lumeiradas, a noite meiga en Brigantio quedou algo desencantada, obviamente polo día da semana ó que cadrou este ano.
É unha lástima, vendo a predisposición da xente e o ambiente que hai esa noite, que o día 24 non sexa festivo. Dende logo sería moito máis aproveitado que outros festivos onde a maioría da xente non ten actos que celebrar.
San Xoan na Condesa
A continuación describo un breve paseo pola vila poñendo os escasos documentos gráficos que temos (fotos por Jovendemente).
O paseo comezou pola zona da fonte de unta. Había un núcleo bastante animado por diante da zona do "Rincón do Roncón" e da Cervecería Estrella. Alí a xente comía, bebía, e incluso saltaban as fogueiras.
San Xoan na Fonte de Unta
Algo máis de forza (e quizáis pértiga) ían necesitar para salta a fogueira preto dalí. Unhas xigantescas lumeiradas se erguían no paseo da Tolerancia, arroupadas pola xuventude.
Andando, andando, chegamos á Ponte de Madeira onde tamén a ociosa xuventude se preparaba para acender as fogueiras e para acender a noite de San Xoan.
Outro sitio onde os veciños non lle tiñan medo ó madrugón do martes era na Condesa. Tanto en casas privadas como en prazas, as fogueiras xa ardían ó son das charlas da xente.

Festa de San Xoan nunha praza da Condesa

Lumeirada particular na Condesa
Volvendo polo casco antigo, había un gran ambiente no Lanzós. Unha gran sardiñada popular onde nenos e xubilidados ocupaban a maioría de postos ociosos do evento.
Sardiñada popular en Santiago
Sardiñada popular en Santiago
Outros sitios decidiron adiantar a lumeirada ó sábado, para que a xente puidese acudir sen presa. Coa mesma presa que tivemos que ir nós a documentar o acto xa que ó día seguinte este quen escribe tiña que levantarse cedo. A ver se facendo o 24 festivo, nos vindeiros anos poida escribir algo máis extenso, a lo menos tan grande como a maxia da gran noite meiga.
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|