Inicio
Movida Brigantiona: Quen te viu e quen te ve!
Escrito por xpab
domingo, 01 de junio de 2008
Brigantio. Finais dos anos oitenta. Agosto. Día grande das festas. Servidor sube pola rúa do rollo hacia a súa casa, na todavía "calle de las discotecas" aínda da man dos seus pais. Subir ese pequeno tramo lévanos varios minutos. Onde agora hai un chino e unha droguería, había unha discoteca e un pub, que anos despois intentará volver abrir, sen moita sorte (chamado Parking). Máis para arriba estaban o snack-bar Alexandre, o Verde Menta e o actual (e único supervivinte) Ráfagas. Dobramos a esquina e vemos ó río de xente. Nilson (que despois sería G2 e finalmente Xolda) e a Iris marcan o ritmo da rúa.  Tamén hai xente comendo no Morris I. Completando a movida da rúa hai por aí algún sitio máis, como o desaparecido Canaima, o Malibú (hoxe en día People) ou o Kyu. Non facía falla que fora festa para que a rúa estivese ateigada. I eso é o que podo recordar desa época.

Brigantio. Mediados-Finais dos noventa. As calexas a reventar. O bar O Globo en auxe. Á Adega van os máis roqueiros e, de vez en cando, aínda organizan algún que outro conciertillo. Subes para arriba. Os máis bravú teñen o seu destino no Frutos. Parada obrigatoria no S'Alquila. Por suposto, hai que pasarse polo Cartoon, xa que hai tanta xente fora como dentro e se tes sorte podes pasar sen demasiado agobio. E xa que estás alí, porque non ir a facer un karaokillo ó Pub La Calle?. Como os vellos rockeiros nunca morren, teñen a súa propia rúa. Así, aí está o LolaMento e o Anduriña, xunto ós inmortais Saco e Gales. Se non estás moi marchoso, que tal un billar na Frontera?? O Garelos é para os maiores. E se che apetece un "piscolabis", está preto o Saloon. Se queres prolongar a noite, alá está Troula. Iris empézase a facer co público máis novel. A fame entra e vas a tomar algo ó Bocatas ou ó Morris I ou II. Se queres ver amencer, Xolda estará disposta a facer a longa espera contigo.

Brigantio. Finais da primeira década do novo Milenio. Dálle a "Leer Más" se queres saber o que hai por aquí hoxe en día.

 

Hoxe en día o abanico de posibilidades é menor. As calexas xa non teñen o peso dos anos noventa, pero sen embargo son a principal opción de saída. O Globo xa non se enche como antes, ten a súa clientela fixa, como a cervercería Estrella. O Pozo claudicou e non aguantou o descenso de xente. Para tomar a primeira, colle forza a Zoki, antiga Internacional.

Sen embargo, outros sitios como O Rincón do Roncón e as Caipirinhas danlle un toque de frescura á zona. Os verdadeiros reis da noite son a Tasca e a Adega, hoxe en día semireconvertida en pub, a partir de certa hora da noite. Arriba as alternativas principais son dúas: Ou ben apostar polo dueto Saco-Garelos ou ben polo Ráfagas-Xarope. Así de sinxelo. Por suposto que hai outras opcións, pero o groso da xente (case sempre os mesmos) se decantan por esas opcións.


Os que claudicaron

Na zona de pubs de Betanzos (entre Rosalía, Rollo e Seijo Rubio) había hai só uns anos máis dunha ducia de lugares de diversión. Hoxe en día apenas quedan a metade. Aí van algunhas mostras dos que non aguantaron o baixón.
 

Xolda agora é unha moblería

 

Troula é unha tenda de roupa (a lo menos mantén o nome)

 

Canaima leva anos destrozado

 

 O Bocatas e o Morris-2 agora son un parque infantil e un local en aluguer, respectivamente

 

O Zirrosis e o Mangole son dous exemplos máis en aluguer da rúa Rosalía


O Mangole, pese a que tivo varios intentos de apertura, non se chegou a manter aberto moito tempo seguido


 

 

Na rúa Pintor Seijo Rubio só queda un pub.  Os Cartoon, La Calle, S'Alquila, Hangar e Saraiba acabaron así:

Cartoon-La Calle



 S'Alquila


 

Hangar



Saraiba

 

Ós das fotografías hai que sumarlles o Frutos, O Mariñeiro, Tops, etc. 

Polo menos agora non hai tantos camellos. Pasaron a ser cabalos....

 


Punto de inflexión ou final??

Na miña opión sempre haberá por onde saír en Betanzos. Está claro que a xuventude que non se pode desprazar vai a ter algún sitio na vila. E ademáis sempre quedan os "románticos", xente que nin Coruña nin Ordes foron capaces de facelos exiliar da movida brigantina. Que volva a ser como antes é máis difícil, pero nunca se sabe, sobre todo vendo como medra a poboación no pobo, o que facilitaría as cousas para o rexurdimento, xa que a xente chama á xente. Como non todo son lugares que pechan, aí van un par de exemplos que creen aínda no encanto da zona de marcha para montar negocio. Ben é certo que son (ou serán) unha pizzería e unha chocolatería, pero por algo se empeza.

Próxima chocolatería (antigo Botella)

 

Pizza Tutto

 


Comentarios
Añadir nuevo
Anónimo 213.60.181.xxx | 2008-06-01 20:14:48
TIENES QUE AGREGAR EL TICOS QUE CERRÓ HACE UNA SEMANA.
xpab  - gracias polo aviso 213.60.183.xxx | 2008-06-02 06:52:06
Moitas gracias polo aviso ;-)

En principio non vou a modificar a noticia, que para eso están os comentarios

Deixarémosche a primicia a ti

Entón quedan (en Rosalía): Frontera, People, Iris, Ancora, Xarope e Kyu, non??

Cal será o seguinte???
Orion 83.44.221.xxx | 2008-06-02 08:35:39
Me da que va a ser el People´s pues ya no tiene tanta gente como antes.
xpab  - analizando SAdministrator | 2008-06-07 12:01:05
Home, se analizamos os que quedan:

Frontera: Se non pechou ata agora.... Clientela fixa.

People's: Non ten tanta xente como antes, pero ten xente. A verdade é que xa hai que non vou.

Xarope: Xoga coa ventaxe de ter algo de xente tamén os venres, non só vive dos sábados. Dos poucos ós que lle vexo futuro.

Iris: Gañouse á rapazada, i eso é bo para un pub, xa que a xente de 13, 14, 15 anos (que sempre hai) non teñen coche para saír por outro lado. Sobrevivirá .

Kyu: Descenso de xente tamén bastante destacado, pero sempre se ve movemento, aínda que non sexa moito.

O meu "favorito", o Ancora: Para min unha incógnita, pero apostaría por el como próxima víctima, polos precedentes dese pub e porque non se lle ve moito movemento.
Juan M.  - ¿recuperación? 193.144.79.xxx | 2008-06-04 10:05:12
Ogallá se recupere algún día todo o grande que foi a movida betanceira...aínda que as cousas agora non estén favorables para facer inversións arriscadas.
É unha pena, pero miremos o futuro con un pouco de optimismo aínda que conscientes de que para todo isto sexa necesario un período de tempo máis o menos longo.
Muíño 213.60.182.xxx | 2008-06-07 06:15:36
Grazas por lembrarvos do fruto e o bravú,pero mais que bravú era un garito de rock´n roll especializado en musica rock galega , por certo e Fruto non Frutos.

Visto o visto dende que eu pechei ate o de agora vexo que non errei nada de nada o decir que mellor era parar antes de que a cousa empeorara.

Un saudo
xpab  - de nada SAdministrator | 2008-06-07 11:50:43
Home, tiña que mencionalo, ten en conta que daquela era un dos lugares míticos, sobre todo para os que nos gustaban os Heredeiros...

O de bravú díxeno porque quizáis era o que estaba máis de moda no momento, e todo o que se cantaba en galego se relacionaba con iso, eu creo que ata Andrés do Barro era bravú nos anos 90

E o de fruto"s", simplemente era como o chamábamos entre o meu grupo de colegas, pero se queres cárgome a "s"

E, por certo, pechando fuches todo un pioneiro, polo visto sí que soubeches leer a situación. A ver se algún día hai rexurdimento da "movida" brigantiona... e que o vexamos
TioTaum  - OS Chinos 79.155.108.xxx | 2008-06-18 21:10:54
Donde estan ahora os Chinos había unha discoteca que lle chamaban Cachét un pouco antes de abrir al lado el Parkig, quiero recordarte la Pulpeira MUIÑO.
Me acuerdo bien de principios de los años 80 que como dis pasabas da man dos teus pais para a casa, seguro que un de aqueles chalados da epoca que poblaban a calle era Eu armando bulla .
http://tiotaum.blog.com.es/
Saludos
TioTaum
trrr 217.171.129.xxx | 2008-09-04 19:48:18
Aínda había algúns máis,así de primeiras venme á cabeza "O Demo" . Despois pasou a chamarse Cheers e agora a verdade e que no sei o que hai alí.

Foi bó poder disfrutar desa época, pero todo cambia nesta vida e creo que cada cousa tén o seu momento... Dudo que Betanzos volva a ser o que foi en canto á vida nocturna.

Para cousas coma estas agradécese ter uns anos máis e ter vivido eses días desfrutando dos Xolda, Frontera, Mariñeiro, Iris... etc. e non de paseo da man dos meus pais.

Graciñas polo artigo, e bó recordar os bos tempos de cando en vez.
xpab  - de nada! 213.60.182.xxx | 2008-09-04 21:24:13
Gracias a vos por axudar a recordar esta pequena parte do pasado recente de Betanzos. O que me gusta de este artigo é que cada un vai poñendo o seu gran de area recordando algún de esos lugares míticos que para mi só existen nos meus recordos de neno e vistos (na maioría dos casos) dende un alto punto de vista.

Por certo, que tamén "andaba por aí" o camus, que pasou a ser Mangole e hoxe en día é un pub chamado 347 (ou algo así...), ó lado do kyu.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Siguiente >
Brigantio salsa rosa
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 2 invitados en línea
Sindicación