Xa hai seis anos que vivimos o maior show macabro televisivo da nosas vidas. Hoxe vivimos as consecuencias daquel ataque, con dous paises invadidos como consecuencia dese acto. Tamén hai teorías de todo tipo. Algunhas, aínda que soan a película de espías, se un se pon a pensar, non parece tan descabelladas. Por exemplo a que dí que foron ataques facilitados polo propio goberno americano por motivos económicos. Parece incríble, pero... ¿que son unha cantas vidas dentro da carnicería global do planeta? Ou acaso, se se cree na versión oficial... ¿é menos incríble que o exército máis poderoso do mundo non dé en 6 anos cun tío barbudo que sale de vez en cando por internet para ameazar ó mundo?
En fin, o obxetivo desta noticia é que cada un poña nun comentario de como vivíu ese día surrealista. Por exemplo, eu preparaba un exame de T.E. (Tecnoloxía Electrónica, que, por certo, acabaría aprobando) cando aínda tiña pelo que me caía polo estrés dos estudios. Meu pai viña de coller as patacas e vía incrédulo o dantesco espéctaculo. Nós vivímolo polo antigo C+, agardando a que empezara a serie Friends. Daquela a tía que presentaba decía que ó mellor se trataba (o da primeira torre, antes do segundo avión) dunha avioneta. Pouco despois veríase como se estrelaba o segundo e todo o circo sanguendo do pentágono e demáis. Sei que pouco puiden estudiar nese día. Tamén sabía que ese día entraría na historia.