Dende principios de mes, hai unha nova tenda en Betanzos que vende artigos que antes non se podían atopar nesta vila. En concreto, como se dí na súa páxina, a tenda é "un rincón donde podéis encontrar todo tipo de comics, libros, antigüedades, juguetes, música, incluso cambiar novelas y películas. Un rincón donde podéis comprar pero también vender, un rincón donde la clave es rebuscar, en definitiva un rincón para los más curiosos"
Chámase El Desván de Andrea, e se ides estará encantada de atendervos unha visitante habitual desta páxina, que é por quen nos enteramos da existencia da tenda. Saberedes quen é porque é moi agradable, e porque vos poderá atender en castelán, en galego.... i en euskera!
A tenda está no Valdoncel (18), onde estaba antigamente Don Compact. Na súa páxina poderedes ver máis detalles.
A ver se a publicación da noticia fai que a lo menos se dé a coñecer un pouco máis. E para rematar, desexar sorte ó novo negocio.
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|