Inicio arrow Vida Social arrow Inclasificable arrow Brigantio, ano 2008. Propostas
Brigantio, ano 2008. Propostas
Escrito por xpab
miércoles, 09 de enero de 2008

Coa chegada do novo ano chegan tamén as peticións de mellora para a nosa vila.... e para a nosa páxina. A modo de "12 meses, 12 causas", propoñemos que a xente vaia poñendo suxerencias do que agarda do ano, tanto da vila como desta páxina. Esta proposta de noticia foi unha boa idea do lagarista Alexito que, debido ó seu desterro por motivos políticos ó Gulag do Carballiño dende que unha señora gañou as eleccións, non ten o tempo que quixera para colgar a noticia, ademáis do aterefado que vai a estar montando o vídeo "Gran finde 2008".

O modo persoal, eu espero da páxina que non sexa necesario que haxa unha polémica para que a xente participe e visite este sitio (pero para eso teremos que poñer cousas interesantes).

Como mellora para a vila, a pesar de que hai cousas máis importantes, teño a espiña clavada de non poder botar unha pachanguiña de fútbol sala cada vez que chove sen ter que tirar de coche. ¿Será tanto pedir un pavillón cuberto en Betanzos? Xa sei que existen algúns, pero inaccesibles o fin de semana, por exemplo. Estos días estábamos indo a Guiliade, pero xa algunha vez tivemos que ir ata Ois (Coirós) para poder xogar un rato.

Hai queda eso. Se queredes dar o vosa opinión, xa sabedes, comentario co que faríades neste, o noso pobo e na vosa páxina amiga. Estamos seguros que a alcaldesa e os Alexito-valen-xpab, respectivamente, atenderán ás vosas peticións.

Comentarios
Añadir nuevo
Anónima Betanceira  - Xa recuperada dos excesos de N 81.35.163.xxx | 2008-01-09 19:35:34
Ola de novo!!Paréceme moi boa idea e quen sabe igual coas propostas que cada un vaia escribindo poidamos cambiar algo. A min o que me gustaría é que en Betanzos houbese un cine (pero un de verdade non coma o que temos agora, que se cae a cachos)e que se coidasen máis os ríos (porque pasas pola Galera por poñer un exemplo e da noxo ver como está todo: vertidos, lixo....;os peixes deben ter un colocón con tanta sustancia tóxica...estamos acabando con todo), ademáis de que da unha mala imaxe á vila.
ALEXito  - Multicines Lagares 217.130.252.xxx | 2008-01-10 07:00:30
Hombre, lo de los cines ya lo tenía hecho Lagares, pero claro..pasó lo que pasó...
FROMOZA  - SKATE COMO NO! 88.3.215.xxx | 2008-01-10 19:48:55
PUES UNA AMPLIACIÓN DEL SKATEPARK ESTARIA BIEN, O LA CELEBRACION DEL CAMPEONATO BETANZOS 2008, EN CONMEMORACIÓN DE LOS 10 AÑOS DE BETANZOS 98!

......................WWW.FOTOLOG.COM/FROMO ZA...................
xpab  - falando de recuperacións 213.60.180.xxx | 2008-01-14 19:30:33
Xa que a xente non se anima, volvo a meter baza eu
Falando de recuperacións, non estaría mal facer algo coa antiga fábrica de curtidos (ou ladrillos¿?) da Magdalena, histórica onde as haxa, xa que, por exemplo, foi un campo de concentración da guerra civil. Hai que aproveitar as cousas que fan de Betanzos unha das vilas máis importantes historicamente de Galicia . Por agora non hai queixa no que se está recuperando: o pasatempo, o cine, o bolsillo da familia Pita....
Juan M.  - Recuperar... 193.144.79.xxx | 2008-01-15 14:47:22
Recuperación e posta en marcha dun mueseo que poña en coñecemento toda a historia da fábrica de curtidos ou ladrillos xa non sei ben.
Estou convencido que ademáis de recuperar a chimenea que penso así o están a facer deberíase aprobeitar unha parte da parcela a construir, cunha estética exterior o máis semellante posible á antiga, un museo que mostre o funcionamento desa fábrica e ademáis descubra en qué se converteu na época da Gerra Civil co único obxectivo de que estas cousas non volvan a ocorrer nunca máis no futuro.
Seguiremos facendo propostas...

Un afectuoso saúdo e ademáis os meus parabens á iniciativa de abrir unha sección para propostas coas que se poidan mellorar Betanzos.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación