Inicio
Galego de salón
Escrito por valen
miércoles, 12 de diciembre de 2007

Sempre me sorprendeu a "curiosa" normalización da nosa linguna (da de todos nos, que nos pertence do primeiro ó último), xa que resultaba cando menos curioso que a xente tivese que falar, dun dia para outro, con incribles palabras que nin os mais vellos do lugar (de ningún lugar) coñecian. Palabras fermosas, construccións sintáctica marabillosas, novas terminacións que deixaban a un coa boca aberta. Eso si, podías recorrer Galicia (Galiza!) de cabo a rabo e non escoitarias a ningún nativo pronuncialas fora dos amplos despachos de Santiago de Compostela.

E nos últimos tempos a historia foise repetindo (debe ser que os galegos non sabemos falar o que levamos falando tanto tempo), facendo que os pobres paletos e paletas (de tenis) se culturizasen un mínimo e empezasen a dar as grazas, como Deus manda, ós que co seu esforzo incribel estabeleceron as ditas normas. Porque sí, o estabelecedor que estabeleza bo estabelecedor será.

Unha vez interesado polo apaixoante tema da na normalización lingüística, puxenme a buscar por esa gran fonte de coñecemento que é internet, e atopei un documento que se titula: Cambios na normativa oficial do galego, cambios que polo que se ve se aprobaron en xullo do 2003 (ti fijate, hasta o 2003 sin da-las grazas ás garzas) O que teña interés pode baixar o documento desta dirección:  http://www.culturagalega.org/biblioteca_detalle.php?id=100. Eu mentras fago unha análise dos cambios que alí se fan, pero coma sempre, será despois do Leer mas.

- O nome da letra <q> pasa a ser que. : ¿o que?

- Galiza considérase tamén unha foma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.: Ben, ben. Pero esto trátase de normalizar a nosa lingua ou de crear unha nova a medida? Non sei si o termo Galaecia non estaba documentado tamén para aceptalo ou se deixou para a versión de dentro dun par de anos.

- Amplíase a relación de voces con –zo, -za: diferenza, espazo estanza (“estrofa”), graza, licenza, nacenza, novizo,perseveranza, presenza, querenza, sentenza, servizo e terzo.: Estas novas palabras son para paliar un pouco a sequia que temos enriba, porque o pronunciar varias seguidas é habitual soltar algunha cuspe involuntaria (ou voluntaria encuberta)

- Considéranse admisibles tanto –ble como –bel e, en consecuencia, admítense tamén as formas duplas do tipo establecer ou estebelecer.: Esta como me gosta (ou é justa?) Ese fermoso estabelecer (supoño que o segundo e do texto é rata)  que  asubia no aire, que se paladea cos ouvidos (ouvidos, eso pon na normativa, quen non ouviu algunha vez o de ouvir?) e restala como un pau petando nunha lata. Es..ta.. be.. le.. cer.. Pura poesía.

- Engádense bacallau e pau á relación de palabras en –au.: Nesto vai por diante a xente, que en moitos sitios decia pau de toda a vida. Agora poderá dormir tranquila sabendo que non está incumplindo as normas. Todo un alivio.

- Acomódase ao esquema –án / -á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán,, bosquimán, capitán, catalán,ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.: Aquí notase que a xente da normalización seguía o panorama internacional: afgán, musulmán, sulltán..Si, solo lles faltou talibán, pero é que parecialles xa meterse en moito sarillo.

- O esquema –ón / -ona queda reservado para formación aumentativas (homón, mullerona...) e para deverbais pexorativo (abusón, abusona...). Nos demais casos, ón / -oa (anfitrión / anfitrioa, león / leoa...).:  Ese leoa, tan vocalizante, que che fai ir abrindo a boca pouco a pouco según o pronuncias, supoño que para que parodies o león da Metro e os demais teñan motivo para rir un cacho. Todo un acerto, desde logo.

- Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous, vinte e dúas...: Levo pensando un tempo porque xusto entre vinte e trinta, e non conseguín chegar a ningunha conclusión. Pero xa sabedes, que a ninguén se lle ocurra deglutinar a un numeral entre trinta e corenta. Que te tiran ás leoas.

- Elimínanse triple e cuádruple.: :-( Vaia por Deus, tantos anos con nos como levaban. Con ese triple salto que agora haberá que suprimir das olimpiadas, ou eses xelados que xa non poderán ter tres bolas. Co de cuádruple estou dacordo, que non facia mais que marear por ahí a xente e ademais non valia pa nada. Tomar por saco hombree!!

- Admítese ouvir ao lado de oír.: Ou sexa, que se admite "ouvir oír".

- Elimínase entonces.: ¿Entonces cando?

- Elimínanse anque, nembargantes, sen embargo. Engádense no entanto, porén.: Co ben que me quedaban a min as frases con ese rimbombante "nembargantes"...E agora, merda.

 

A verdade é que disfrutei moito con este repaso as novas normas. Da gusto ver que a cousa se move, como debe ser. Agora xa solo espero o día en que "recuperen" a Ç e poder decir eso de "Como te quero, coraço!"
 

Comentarios
Añadir nuevo
Meerkimo  - O que hai que ouvir 213.60.183.xxx | 2007-12-13 07:40:13
"Grazas" por esta aportación. Xa tiña ganas de saber que máis cousas cambiaran na lingua que parece ser xa non sei falar. Creo recordar que xa na escola estudiará estos cambios na lingua chamábase hiperenxebrismo

hiperenxebrismos.m. Ling. Fenómeno lingüístico que consiste na modificación artificial de certas palabras propias dun idioma, para diferencialas das formas coincidentes noutra lingua da mesma familia, dando lugar a formas incorrectas que pretenden facerse pasar por xenuínas. No galego escrito abundan os hiperenxebrismos do tipo: zoa (por zona); esquiña (por esquina); urbán (por urbano); calqueira (por calquera); etc.
valba SAdministrator | 2007-12-13 09:58:58
É que o próblema é xusto ese. Como nos "parecemos" moito o castelán, pois hai que inventar (ou "recuperar" cousas para diferenciarnos. Desde logo estou convencido que mais de un e de dous serían os mais felices do mundo si o galego fose como o euskera (outro tamén "recuperado" ou como o chinés si fai falta, e así poder ser "os mais diferentes". calquera cousa antes que asumir a evolución histórica que sufre todo nesta vida. Non temos unha maquina do tempo para ir hasta o pasado e evitar esa "longa noite de pedra" que sufrimos. O que pasou pasou é o idioma evolucionou como o fixo, e non hai mais. Normalicemos o que temos agora, o que fala a xente coas suas distintas variacións de cada zona, pero non inventemos unha nova lingua "a medida" de intereses supostamente intelectuais e académicos, que o final son outra cousa.

O idioma que se falaba aquí fai centos de anos foi "contaminado" cando chegaron os celtas, e despois o latín mezclouse todavía mais cando chegaron ós romanos, que tamén foi unha "invasión", esa en todo-los sentidos. E a ninguén se lle ocurre sustituir as palabras coas que fala hoxe a xente coas da época de antes dos romanos, non?
meerkimo 213.60.183.xxx | 2007-12-13 11:51:34
Eu despois de ver que repasaron terminacións e palabras que non facían falla, atopei en falla (xa postos a incordiar ó persoal)que por exemplo o "g" en galego diante de "i" e de "e" leve o "u" que en castelán usamos para pronunciar o sonido "g" e non "j". Se en galego non existe a "iota" que pronunciación hai que diferenciar? De todas formas en galego na miña zona o "g" sempre levou gheada co cal non hay diferencia "g" "iota". Eso si se podería considerar un castelanismo para correxir e non a "Z" esa que a min me parece unha patada o diccionario.
Xovenmedentes 217.168.0.xxx | 2007-12-13 20:03:08
Acertado artigo desta vez, e moi necesario, por certo. A verdade e que xa estaba farto de ver como na televisión e medios oficias (e supoño que tamén na escola, o que convirte o asunto en grave) se viña modificando a machado unha lingua viva, que se mantivo así gracias á xente que a falou cando estaba prohibida e que a seguíu a falar cando pola rua che chamaban pailán por falar o que se falou na tua casa dende pequecho. Moita desa xente agora dí que non sabe falalo galego, que o falan mal falado, cando eles son os que fan o galego, esa xente é a que tiña que ter un académico cada día debaixo do seu cú apuntando cada palabra que dixera.

Por sorte algúns de nós aínda temos avós vivos, nalgúns momentos auténticos diccionarios andantes, que saben dar as jracias cando ñe apajas unha folerpa que ñe prendía na saia e saben cajarse en Dios cando ñes roncas o nabo.
¿E lojo como dis ti, cágome en Deus..., la virjen, lojo eso qui é?
valba SAdministrator | 2008-03-02 19:44:28
Voume rectificar a min mismo, porque acabo de escoitar a unha persona maior, fora do proceso normalizador, decir "ouvidos", co que estou dacordo que esté na normativa.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación