Inicio arrow Vida Social arrow Inclasificable arrow Galicia "Bi"lingüe
Galicia "Bi"lingüe
Escrito por xpab
domingo, 02 de marzo de 2008

Buscando información sobre a nova organización Galicia "Bi"lingüe, atopei a perla que aparece ó final do artigo. A verdade é que tiña curiosidade por ver que pedían, así que mirei a súa páxina www.galiciabilingue.es. O que se pode sacar de ela, en xeral, é todo moi bonito (elección de idioma na educación e na rúa, etc), quitando algunha cousa que outra que a min, persoalmente, me fixo gracia e me parece un exemplo para explicar o significado de hipocresía nun colexio, como falar de que hai leis en Galicia "que puedan provocar marginación de los ciudadanos que hablan una de las dos lenguas oficiales", refiríndose ós casteláns falantes.

Como xa dixen, todo moi bonito. Pero entón mirei por youtube a ver que se cocía. No vídeo que mostro a continuación saen declaracións dos dirixintes da organización citada. Ademáis de dar sempre o seu discurso nun extrano "bilingüismo-castelán", chegan a contradecir o que sería un pais bilingüe, xa que defende un dominio forte da lingua castelán e uns coñecemento básicos da lingua galega para "comunicarse" (curioso bilingüismo...).

Decididamente, creo que vendo o vídeo non hai moito máis que decir. Ten moito para comentar, pero o autor da montaxe xa se ocupa de facelo. Dende logo, non se pode decir que invente nada.

Paréceme un pouco triste que os propios galegos estén tan empeñados en acabar co idioma. Non só non chega con non utilizalo (aquí non hai nada que decir, xa que cada un é libre de falar no que crea convinte) senón que intentan botar abaixo leis que o intentan equiparar ó castelán. Durante anos houbo unha presencia aplastante do idioma que defende a asociación G.B., pero entón nadie protestou (quitando os "radicais independentistas"). Dende logo, o que está claro, é que non merecemos o idioma que temos. É como o que ten un tesouro i está empeñado en acabar con el, en vez de tratar de ensinar ós seus fillos a disfrutalo.

Se vos movedes un pouco en youtube, en concreto neste vídeo pódense observar cousas moi curiosas. Sen pretender excusar ós que intentar mostrar as campartas (está claro que a intención é crispar), dá un pouco de gracia os comentarios do medio de comunicación acerca da noticia, moi "obxetivos". A contramanifestación é de "grupos radicales" (por ensinar pancartas) e "independentistas" (por non estar de acordo coa política de G.B.). Destaca tamén a forma "pacífica" que teñen de expulsar ós "alborotadores" (nalgún caso simplemente por mostrar algunha pancarta) da sala, a base de zanrandeos, puñetazos e rotura de pancartas. Dende logo, toda unha liberdade de expresión. Repito que non foron formas de protestar, e que alí non pintaban nada, pero hai formas e formas de facer as cousas, e de informar delas.



Comentarios
Añadir nuevo
valba SAdministrator | 2008-03-02 14:24:46
Vou entrar un pouco ó trapo, porque coma sempre digo, non me gustan os extremismos.

GB pasase totalmente de rosca. Oculta baixo unha capa superficial de igualdade o que desde logo no fondo é outra cousa ben distinta. So hai que escoitar os seus integrantes, dirixentes, etc ou ler os seus documentos para darse conta que o que queren é que en Galicia a xente que fale en castelán non teña que coñecer siquera o idioma galego, ou como moito "unhas pinceladas", algo que eu desde logo non comparto.

Por outro lado, aparece polo medio de todo o tema da normalización do galego, ou "anormalización" como moitos a consideramos. Xa me pronunciei amplamente sobre o tema en http://www.brigantio.com/vida-social/inclasific..., polo que neste caso si que estaria dacordo cos que están en contra de como se está facendo. E dame igual que fose con consenso de PP, BNG e PSOE. Porque supoño que a "normalización" a estarán a facer filólogos galegos e expertos en lingua galega (sería o lóxico), e non fai falta ser mui listo para supoñer a afinidade pólitica deses colectivos (¿ou alguén os imaxina votando ó PP?). E quizais por esas afinidades se tende a "recuperar do galego medieval para o seu uso contemporaneo" palabras como Galiza, ligada ó ambito nacionalista galego mais que a calquera outro.

GB de pega, non. Anormalización do galego, non. Solo galego para comunicacións de interese para xente de fora da comunidade, non.

E o das contra manifestacións pois o de sempre. Como o outro dia cando ia ser a charla ou o que fose desa do PP en Santiago... O que buscan algúns é a confrontación, a "crispación" como dices ti no artigo, e acabana conseguindo. Non se pode agredir a nadie, non se pode insultar a nadie, non se poden reventar actos doutros solo porque non se estea dacordo coas suas ideas. E despois inda encima chamar "fascistas" os outros...

Claro que non son formas de botar a ninguén, pero si non intentasen reventar o acto ese ninguén os ia chimpar de ningún lado. ¿Si entrase unha persoa na tua casa sin permiso, sin ti coñecelo de nada, que farias?
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación