Betanzos, século XXI. Despois de anos de investigación a nivel mundial, por fin descubrimos que no noso Brigantio supervive esa póla perdida na evolución humana que buscan os científicos dende hai moitos anos.
Trátase duns individuos que se transforman o fin de semana, máis concretamente as madrugadas dos sábados. Tras unha ardua investiganción, conseguimos comprender a súa primitiva vida e capturar a última das súas marcas de paso pola rúa que soen frecuentar. Se queres desvelar a incógnita, amplía a noticia.
O seu modus operandi é o seguinte. Os individuos, vidos de tódalas partes da comarca, súmanse ós machos autóctonos en lugares onde se lles facilite a inxesta de líquidos que catalizarán a transformación no máis primitivo humanoide.
Ó cabo dunhas horas, comezan as primeiras sinais. Comeza o marcado de territorio. A presencia de femias provoca o descontrol. Os individuos machos comezan a comunicarse con sonidos guturales. Algún deles, transpórtanse mediante ruidosas máquinas, aumentan os decibelios cos que "adornan" a noite. Pero, por se non quedou claro que son valientes machos mariñenses, comenzan as competicións de garulerías para intentar levar ás femias máis impresionables.
No mellor dos casos, os cabecillas das manadas entran en combate entre eles, sen máis incidencias que uns arañazos e unha mostra das grandes dotes de teatro que posúen tales individuos. Sen embargo, hai outras ocasións na que non se dan por satisfeitos e deciden mostrar a súa involución facendo cousas que se traducen (no seu pequeno e alcolizado cerebro) en grandes fazañas.
Entón comenza, a partir de altas horas da madrugada, a competición de arrincar árbores, tirar sinais, pintar paredes ou romper cristales. A xungla pura e dura. É a lei do máis forte... ou, mellor dito, do máis garulo. O que conseguíu involucionar máis, gaña. Ese será o macho alfa. Terá moitas posibilidades de aparearse ó longo da noite.
Cos primeiros raios de sol (ou un pouquiño antes, depende da estación) os individuos comezan a retirarse ás súas covas. Nalgúns casos encontrarán femias, co cal é posible que en próximos sábados ese individuo esté calmado e decida non involucionar. Sen embargo sempre haberá manadas de machos sen parella que seguirán facendo das súas finde tras finde.
A continuación vemos que pasa se uns coitadiños veciños, ignorantes da especie perdida, deciden poñer un portal de cristal en pleno habitat dos nosos primitivos veciños. A porta, que ás 4 da mañá estaba "sana", non sobrevivíu as horas máis violentas dos energúmenos. A pregunta é como evitar que volva suceder, pero eso é outra historia....
A última "azaña" da manada energúmena
| Comentarios |
|