Rajoy dixit
Escrito por xpab
jueves, 11 de octubre de 2007

O mércores 10, o aspirante a presidente do goberno, o señor Rajoy fixo unhas declaracións dun estilo que ata agora só vira ó Rey ou ó caudillo. Nelas decía que el se sentía español e que coñecía a xente que tamén tiña ese sentimento, basicamente. É decir, nada que non se soubese. E o decía en vísperas do festivo nacional. O caso é saber que se pretende con todo este montaxe... conseguir máis votos e crispar a situación? Pode que teña éxito, nun momento da historia en España onde hai un equipo de goberno que non leva ó pe da letra a idea de que "España es así y punto, porque lo dice la Constitución". Eso non gusta,  en xeral, á xente deste Estado.

Pero o peor non é eso. A sensación que se quere transmitir é que "los que son como yo y se sienten españoles, son los buenos, los demás son terroristas". Creo que esto non é máis que outro paso na demonización dos nacionalismos (ademáis de intentar meter ó SOE no mesmo saco), e mentres que os que o intentan facer crer non teñan (máis) éxito, non vai pasar nada. As últimas políticas nacionalistas tampouco axudan, e reforzan a posición dos crispadores. En Euskadi, o lehendakari pide facer un referendum para o ano. En catalunya quéimanse fotos do Rey. En Galicia, bueno, en Galicia nada.

De todos xeitos, o lehendakari está no seu dereito de convocar un referendum non vinculante, i en Catalunya os poucos exaltados que queiman a foto dun paisano clave na historia de España (polo visto, clave para ben do pais) non veñen senón a representar o que hai moito tempo que se prantexa pola rúa: a necesidade da continuidade da monarquía, de que uns continúen ocupando un cargo importante por ser fillos de quen son.

Resumindo, que dende o meu punto de vista o señor Rajoy é un oportunista e probablemente o seu mensajito de patriotismo guste, sobre todo na xente máis conservadora do Estado. E ademáis os de ETA poñendo o seu granito de area para crispar máis na súa loita sen sentido.

Espero que o estado da nación esté máis calmado cando volte a ela. Au revoir!!

 

 

Comentarios
Añadir nuevo
Anónimo 193.144.79.xxx | 2007-10-17 16:57:03
A ver, non teño demasiado tempo para facer un comentario con unha base ben feita e moi detidamente analizar casi palabra por palabra, pero sí quero facer un comentario ó respecto sobre a cuestión que atañe ó tema aquí exposto.

Por suposto, dende o meu punto de vista foi unha mensaxe oportunista, pero que soupo aprobeitar e ahí está moitas veces (por desgracia no ámbito político) o éxito dalgúns movementos que fan os políticos neste país, pero que é unha oportunidade que viu e soupo movela.
O peor de todo isto, é que os nacionalismos deste país (no caso de Cataluña e País Vasco) non fan máis que poñerlle en bandexa ó señor Rajoy actuacións como a que tivo fai ben pouco...é dicir, que as cousas non se fan correctamente e como é debido. ¿Qué ocorre?, ocorre que neste país existe moito tradicionalismo e xente moi conservadora e se por riba existen maneiras pouco correctas de plantexar cuestións como a da Coroa e a existencia desta Institución, é lóxico que os partidos conservadores aprobeiten estas malas actuacións dalgúns poucos para demostrar se cabe un pouco máis os seus intereses e as súas ideas.
Dende o meu punto de vista (e tendo unha posición neutral) se alguén quere plantexar determinados temas sen ser recriminados, ou a pesar de que sexan igualmente recriminados, o que deben de facer é seguir pasos máis moderados e non deixar que determinados exaltados fagan, dun tema a debatir como demócratas que somos, algo que se convirta en radicalismos que ó fin e ó cabo o único que fan é poñelos no punto de mira no que endexamáis queren estar, ou que polo menos diso se queixan.

Por tanto Rajoy sí fixo unhas declaracións oportunistas, pero dende logo os que están en contra deste líder político non actuaron dun xeito que non dise pé a este señor a facer semellante actuación. O tío viu unha oportunidade e aprobeitouna. Claro está, que hai oportunidades e oportunidades.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >