Inicio
Un ano de Brigantio.com
Escrito por xpab
domingo, 04 de mayo de 2008

O próximo 15 de maio, fará un ano a primeira noticia de Brigantio.com. Nela se falaba da inminente II Patacada. Ainda que Brigantio naceu como unha forma de ter decentemente aloxadas as páxinas do triunvirato creador , é decir, Conse-Conxegal-Lbdm, finalmente decidíuse unificar as forzas creativas para dar lugar a esta páxina, que crece día tras día.

Ainda que ó principio estaba pensada para informar sobre os actos da xente máis próxima, tras ir pasando o tempo fóronse abarcando máis temas e se acadou unha miniuniversalidade coa que en principio non contábamos. A verdade é que botando a vista atrás vese que pasaron moitas cousas: eleccións, festas, viaxes, críticas negativas, positivas, e xa no máis persoal, celebración de actos, novas parellas, novos matrimonios, cada vez menos solteiros.....

En fin, que para celebralo haberá que facer a III patacada, onde espero ver á xente brigantio, no acto que ano tras ano vai collendo solera e que marca o inicio estival de celebración de actos.

Para darlle unha pequena homenaxe á páxina, a continuación repaso as 5 noticias máis vistas ata agora, comentando cada unha delas. Se queres ver o "top 5", pulsa "Leer Más".

5º, 408 hits: Polideportivo para todos

Autor: Valen

A noticia foi todo un traballo de investigación periodística de Valen, que incluso chegou a ter comentarios dos propios aludidos do Troula. Foi a primeira dunha saga de noticias de Valen destinadas a concienciar sobre a mala situación das instalacións deportivas de Brigantio, pero que parece que ata agora non conseguiron moita cousa. Botándolle un vistazo a noticia, e como curiosidade, pódense leer comentarios sobre outros temas, de entre os cales destaca o intento de fixación de data para a cea Alexito-Angelito.

4º, 436 hits: El Regreso del gran Andrés

Autor: Alex

Esta noticia non soe ser das típicas que ocupan o top 5 nunha páxina deste estilo, sobre todo porque non ten nada morboso nin rosa. Sen embargo a calidade e interés da reportaxe, unida á unha interesante foto da moza de Calamaro, fixeron que pouco a pouco se fose coando entre as máis leídas. Ademáis, ata se pode acceder a escoitar on line distintas mostras do disco "do gran Andrés" desde o corpo da noticia. O repaso unha a unha das cancións e os comentarios sobre o peor e o mellor do disco, lle dan unha chicha especial a esta noticia, que fixo que esté entre as máis destacadas da páxina.

3º, 476 hits: Guía Brigantio: "Garitos 2008"

Autor: Brigantio

Só necesitou unhas poucas semanas para entrar no podium. Sen dúbida é unha das noticias máis graciosas dende que vive Brigantio.com. Chea de "perlas", destacan as críticas dos garitos máis cacahueteiros, como a do Forum. Realizada por ata 4 expertos distintos e coordinada por xpab, tivo pronto un feixe de comentarios de xente que daba a razón ás críticas cacahueteiras. Ademáis, chega con ser de Brigantio e saír algún sábado para ver que as críticas son reais, ou case, pero sempre dende o cariño hacia ós garitos máis concurridos da nosa vila.

 2º, 613 hits: O finde 2007-2008, o primer gran éxito do ano

Autor: xpab

Sen dúbida foi o artigo máis morboso da páxina. Máis que o propio artigo, foi nos comentarios onde se subíu o ton e se escribiron cousas que nunca se deberon de escribir, facendo un circo para o jolgorrio dos que buscan algo máis que unha simple noticia na páxina. O obxetivo desta páxina debe ser a partir de agora evitar que esto se repita dentro dela e, a pode ser, tamén fora.

 

E A MÁIS VISTA FOI.... 

1º, 936 hits: Gigoló del año 2007

Autor: Alex

A unha distancia considerable das súas perseguidoras, con case 1000 visitas está a noticia do Gigoló 2007. A mezcla temática, onde se mezcla dende a crítica ó morbo, e o formato  noticia-votación fixo que a noticia botase medio mes acaparando tódalas visitas, comentarios e modificacións (actualizacións nas votacións) de Brigantio.com. A descripción "fiel" dos candidatos, tremendamente graciosa nalgúns casos, as fotos dos candidatos, a inclusión a última hora do diplomático en potencia Santi, a candidatura conxunta dos xemes, etc, quedarán xa sempre formando parte da historia desta nosa páxina.

Pois eso....
Como se pode ver, no top-5 se recollen noticias de todo tipo (crítica, morbo, periodística....) co cal dende Brigantio.com podemos estar contentos, porque eso é o que pretendemos, ter unha variedade politemática de noticias para que a xente se enganche e nos dé motivos e nos motive a seguir escribindo cousas, que no fondo é o que nos gusta. Dende Brigantio.com, gracias por estar aí.

Comentarios
Añadir nuevo
Anónima Betanceira 83.35.0.xxx | 2008-05-04 17:39:19
Ola a tod@!!! Que tal a festa do viño deste ano??
Pasaba por aqui para dárvo-la noraboa por ese ano que estades a punto de cumprir e que sexan moitos máis!!! Merecédelo, de verdade. Ala, ata outra!!! Un saúdo!!
xpab  - tan cutre coma sempre 213.60.182.xxx | 2008-05-04 17:42:38
Pois a festa do viño, tan cutre coma sempre , con ese gran viño
Por certo, estaría ben que a xente dixese cal foi a noticia que máis lle gustou.
Ala, a ver se vos animades.
Anónima Betanceira 83.35.0.xxx | 2008-05-04 17:56:45
Niso tes razón,ademais mira que é peleón o viño de por aquí!!!! Menuda resaca que deixa!!! Comprobado!! En canto á noticia que máis me gustou, estou entre dúas pero vou escoller a do "Gigolo del año 2007", foi moi divertida.
Gigolo 2007  - Saludos y felicitaciones a Bri 193.144.79.xxx | 2008-05-05 14:48:33
Saluda Gigoló 2007

Desde luego la noticia con más tirón no cabe duda.
Me gustan mucho también las noticias que proponen cosas para esta nuestra pequeña ciudad, al menos ahora que hay gente que nos visita, pues que escuche nuestras demandas y luego veremos si las tienen en cuenta!!.
xpab  - pois eu... 213.60.180.xxx | 2008-05-05 21:00:42
Eu creo que coa que máis disfrutei foi coa dos garitos, pero está claro que a dos gigolós non ten desperdicio
loreto  - gigoló for president! 91.116.191.xxx | 2008-05-09 13:43:43
GIGOLÓ! GIGOLÓ! GIGOLÓ!

el mejor sin duda!!!jejeje

Teneis que hacer otro artículo que cree tanta espectación, como aquel!

bicos
xpab  - po zí 213.60.180.xxx | 2008-05-09 16:55:44
Que fácil é decilo...
O día que Alexito escribíu ese artigo estaba ó borde da sobredose de phoskitos con coca-cola sen rebaixar con auga. É decir, en puro trance...
alex  - Just a gigolo SAdministrator | 2008-05-09 23:40:34
No creo que el artículo GIGOLO 2007 sea tan bueno como la mayoría de vosotr@s opináis, ya que teniendo en cuenta sustancias (Phoskitos + Coca-Cola) y circunstancias (una convivencia de 3 meses con Serantes y sus consecuencias psicológicas) podría haber salido algo mucho mejor...

Yo me quedo con el artículo múltiple sobre los garitos, que creo que alcanza momentos muy altos, la verdad. Me habría gustado ser la "Anónima Betanceira" para escribir dos críticas de tan alto nivel...

Otro de los momentos importantes de Brigantio.com, y que realmente ocupó muchos bits en las primeras semanas de nuestra vida, fue cuando nos metimos de lleno en las elecciones municipales del año pasado, con sondeos "a pie de calle" e informando puntualmente de todo el trapicheo y mafia que había para arrebatarle a Lagares de nuevo la alcaldía, que recordemos ganó en las urnas...

De todas formas, Brigantio cumple un año...y en un año pasan muchas cosas...a veces demasiadas...y es agradable comprobar que, un año después, los administradores de Brigantio.com seguimos juntos y "trabajando" con ilusión, arropados por los colaboradores y personas próximas a nosotros, que en el fondo son toda una fuente de inspiración, y también por estos nuevos "visitantes" que se acercan a nosotros y dejan su mensaje en esta página (todavía) libre

A todos. A todas. Muchas gracias
fromoza  - a mejor 79.154.151.xxx | 2008-05-10 15:42:28
La verdad es que este formato que cumple un año es mas ameno , cómodo e interesante a mi entender, felicitaros a todos de verdad, y a seguir documentando!
Una pena olvidarnos de la camara en " o viño do pais" o la visita de Sergi.
saludos!
Loreoza  - aysh 81.38.8.xxx | 2008-05-13 16:35:59
Gigolooooo! sin duda.Felicidades por el añito!
Izaro  - ZORIONAK!!! 83.38.73.xxx | 2008-05-15 09:55:15
ZORIONAK POR EL PRIMER AÑITOOOOO!!!
Sin duda, me reí mucho con GIGOLÓ 2007, pero sinceramente, tampoco lei todas las noticias del primer año ejem ejem... por lo k no creo k mi opinión valga de mucho
Me despido prometiendo k para el segundo año visitaré más a Brigantio.com, en serio en seriooooo !

Muxus para tod@s !!!!
xpab  - CUMPLE 80.38.225.xxx | 2008-05-15 10:10:31
Pois vai ser que hoxe cumplimos!!!

Deoxe'unano!!!

Intentaremos chegar a ser o

Gracias a todos/as
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación