Inicio arrow Vida Social arrow Viajes arrow Brujas...que ben te conservas!
Brujas...que ben te conservas!
Escrito por xpab
sábado, 12 de enero de 2008

Tardou en chegar, pero aquí está o cuarto capítulo da nosa viaxe, esta vez en terras Belgas. Despois das noticias de fin de ano e o concurso de Gigoló 2007, pensei que era bo momento para introducir unha nova galería coas vivencias en Brujas. Como sempre, hai unha parte da galería adicada a partes da cidade, e outra máis pequena na que saímos os protagonistas da viaxe. Contarei un pouco que pasou coa axuda da miña memoria e unha pequena libretilla que fixen a forma de diario durante a viaxe.

Erguémonos cedo para chegar pronto, sobre as 7:00 no albergue de Reims. Alí déronnos de todo para almorzar, como case en tódolos albergues. Ese día chovía. Collimos dirección Laon/Calais/Lille/Bruxeles. En Brujas non temos demasiados problemas para atopar o albergue. Chamábase "Europa Jugendherberge". Sobre 60 euros os catro. Pouca xente no albergue nesas alturas do ano, non tivemos problemas para aloxarnos alí. Saímos a recorrer o pobo e xantamos nunha especie de restaurante-pastelería, uns perritos (moooi ricos) e uns gofres (tiñan de todo tipo: cereixa, fresa, chocolate...). A comida con ese "menú" sae por uns 24 euros (ós catro, claro).

A continuación, os fanáticos do chocolate recorren con éxito a cidade en busca dunha das moitas tendas especializadas. En todo o paseo vemos bonitos carruaxes taxistas de cabalos. Aínda tivemos tempo a ver o Lago do Amor, do que só Jovendemente e Seredka lle sacan partido, e as principais prazas. Tamén entramos nalgunha tenda a mercar, entre outras cousas, distintas marcas de cervexa.

Para a cea unha patacas fritidas nun dos famosos postos da praza Markt, e unhas hamburguesas (20 euros todo). Despois da cea fumos ó garito Maricca Rock (nome enganoso, por certo) e tomamos cervezas de cherry que a algún non lle saben para nada a cervexa

Finalmente, volta ó albergue onde probamos un par de cervexas das que mercáramos pola tarde. Despois fúmonos á cama sabendo que ó día seguinte nos agardaba AMSTERDAM.

En medio de Brujas

Comentarios
Añadir nuevo
FROMOZA  - NOMBRES 85.91.84.xxx | 2008-01-14 15:50:24
ESOS NOMBRES CURIOSOS SIEMPRE TE DAN UNA SORPRESA POR AHI, NOMBRE ENGAÑOSO PERO PONIAN ROCK O AHI TAMPOCO ACERTARON? JAJAJAJ
xpab  - aí, sí 213.60.180.xxx | 2008-01-14 16:17:11
Sí, creo que "Rock" é algo máis internacional que "Maricca"
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación