Inicio arrow Vida Social arrow Viajes arrow Capítulo 3: Camiño de Bélxica (Orleáns e Reims)
Capítulo 3: Camiño de Bélxica (Orleáns e Reims)
Escrito por xpab
domingo, 02 de diciembre de 2007

A nosa chegada a Orleáns foi despois dunha maratoniana viaxe pola beira do Loira para ver castelos (detallada na capítulo anterior). Sen embargo aínda tivemos tempo a tomarnos unha botella de Burdeos ó chegar ó hotel (Bring de Snic, ou algo así..., 94 euros en total para os catro). É mais, aínda fumos a dar o tradicional paseo de tódalas noites ó chegar á cidade. De Orleans sorprende a súa maxestuosa catedral e as súas vetustas rúas.  Sen embargo, despois de Tours e Burdeos xa apenas nos sorpendría nada. O plan era irse a durmir e pola mañá ir a ver a casa de Xoana de Arco.Chegou a mañá, e con ela a visita á casa da heroína francesa. A verdade é que non ten moito que ver, pero polo que valeu (1euro polo día que era, ou por diversos descontos), non estivo mal. Ata nos puxeron unha recreación dos feitos históricos acaecidos cando vivía a M. Pita francesa, mezclando unha narración con diversas maquetas ilustrativas. Sobre as 11 saímos de Orleans. Foi o día do "No probleeemo", pero esto é algo que queda entre os europadiantísticos.
Chegamos a Reims sobre a hora de comer, e comemos nun turco onde nos toman, por primeira vez de moitas, por italianos. Buscamos albergue (albergue xuvenil) i atopamos sen problemas un (18 euros por cabeza). , Visitamos a impresionante (para variar) catedral e facemos sesión fotográfica dentro e fora. Despois voltamos para o albergue e ceamos coa compañía dun Burdeos. As lecturas de H. Potter e M. Bobary apalancan a algúns. Ainda que pretendemos alugar albergues en Amsterdam vemos que non é posible porque alí no fondo tiñen algo en común con Galicia: Non ía internet. Pese a que nos "invitan" a ir a un ciber cercano, decidimos deixalo para outro día. Esta vez non damos o paseo nocturno, e a única movida á espera de Bélxica é o remate da botella de Burdeos mentres Novo se fuma tranquilamente unha truja sentado nas escaleiras da parte de fora do albergue.

Facendo o tonto en Reims 


Comentarios
Añadir nuevo
xpab  - olvidábaseme... 213.60.180.xxx | 2007-12-03 19:45:29
Este artigo está ocompañado pola súa correspondente galería, of course
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación