Comeza a viaxe... BURDEOS
Escrito por xpab
miércoles, 07 de noviembre de 2007

Pois sí, por fin colguei a galería da primeira cidade do Tour por EuropAdiante. Trátase da fermosa Burdeos. En primeiro lugar colguei na galería (Viaxes->Burdeos) unhas cantas fotos de edificios, monumentos e ambiente en xeral, para rematar cunha segunda parte onde aparecemos nós na cidade.

Tivemos a sorte de que a nosa estancia en Burdeos coincidíu en sábado i en pleno mundial de rugby, coa disputa esa mesma noite dun Inglaterra-Francia que se acabarían levando os de Wilkinson. A nosa chegada foi en plena tarde, e non nos quedou máis remedio que recurrir ó parking de pago (14 euros ata a mañá do día seguinte). Despois fumos buscar o hotel, reservado dende os días anteriores. Fíxonos gracia que o papel hixiénico non tivese rollo. O hotel (La Boeti) era bastante cutre para o que valeu (uns 45 euros a habitación dobre).

Apenas deixamos todo, fumos a ver a cidade. Este rápido ritmo ía a ser unha constante ó longo de toda a viaxe. En xeral, en Burdeos, moito que ver: Catedral, Igrexas, Rúas do século XIX, Explanadas (grandes prazas) e sobre todo o paseo ó borde do río. Puidémolo contemplar todo co encanto da noite e coa claridade do día.

Ceamos nun turco (prezo "normal"), onde comprobamos o difícil que é comunicarse cando non se ten nin idea de francés. A odisea para pedir unha auga a un francoturco, non ten prezo. Sen embargo serviúnos para saber que a ensalada en francés pronúnciase "salad" e o tomate "tomat".

Non nos deitamos moi tarde, polo cansancio da viaxe e porque ó día seguinte tocaba "paseo" ata Tours. Pola mañá fumos disfrutar outra vez do paseo ó borde do río e chapucamos un rato nunha especie de poza artificiar, como unha piscina de só uns poucos centrímetros de profundidade. Por esta zona había máis xente que polo centro, onde a cidade daba a apariencia de estar nunha completa resaca. Despois tiramos hacia Tours, onde atapamos un impresionante casco antigo. Pero esa.... é outra historia.

Estelilla, refrescando os pes 

Comentarios
Añadir nuevo
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >