Ante o aluvión de peticións (a frioleira de...1 petición -de Estelilla-), decidín poñer o segundo "capítulo" da viaxe, por agora de ida, Betanzos-Amsterdam. En esta ocasión contarei un pouco como nos foi e que nos pareceu Tours e a xornada que pasamos polos castelos do Loira ata chegar a Orleans (non inclusive).
Como no caso de Burdeos, a noticia-crónica vai acompañada por unha galería onde (nunha primeira parte) se poden ver algúns dos edificios e paisaxes que fumos vendo e unha pequena recopilación de fotos nosas que dan fe da nosa presencia na zona (na segunda parte da galería).
Tours
Destaca esta cidade polo seu impresionante casco antigo, encabezado por unha basílica (Saint Martin) que foi enorme, xa que agora só quedan algúns torreóns en pe. Seguindo a constante das demáis cidades francesas, ten un bo número de igrexas, museas e edificios antigos.Para chegar aquí dende Burdeos non leva moito tempo, pero sí moito money (20 eurazos para uns 200 km de autopista). Ainda que non fixéramos reserva, non tivemos problemas para atopar un hotel moi xeitoso, que parecía unha especie de casa onde os donos alugaban habitacións (La Vendome, 35 euros-dobre). Atendeunos un vello moi amable, pero só francésfalante. Ceamos pizza na acolledora praza central, a un prezo normal. De Tours pouco máis (un almorzo e unha cesta da comida das que aínda conservamos a lista), xa que chegamos case de noite e pola mañá comezaba unha longa xornada polos castelos do Loira.
Castelos dos Loira
Ainda que a idea era visitar un número maior de castelos, a parsimonia e unha non moi boa pranificación fixeron que só nos dera tempo a visitar un e ver dous dende fora (un deles, apenas, xa que tiña parte vaiada).
O primeiro dos castelos a visitar foi o de Ussé, no que está
basado o conto da bela durminte (como ven recorda o "espectáculo"
montado con figuriñas dentro do castelo). Neste decidimos entrar (uns 8
euros por cabeza) pero o tempo que tiñamos (máis ben escaso) provocou
que finalmente fose o último no que entráramos. Dentro non hai nada demasiado
salientable, de todos xeitos vale a pena xa que se poden recorrer todas
as instalacións. A capela, os cortellos, os xardíns e o propio castelo
fixeron que finalmente botáramos alí máis tempo do que quixéramos. Os
carros de época e os torreóns son bastante espectaculares, e dende
estos últimos hai unha vista sobre todo o campo dos arredores,
probablemente antiga(?) propiedade dos habitantes do castelo. A montaxe
dos muñequiños da bela durminte, un pouco-bastante pastelosa, pero
supoño que para eles será o complemento ideal, sobre todo para os
nenos (ainda que algún maniquí metía medo....).
A segunda das visitas foi simbólica. En realidade no Castelo de Azay-le-Rideau
estivemos merodeando polos arredores, xa que non queríamos perder o
tempo que nos quedaba noutra visita maratoniana. O interesante deste
castelo é que ten unha fachada sobre o río, que sería interesante (pero
non foi posible) ver. Sen embargo, gracias a este castelo atopamos un
bonito sitio para comer ó borde do río, debaixo dunha ponte, degustando
paté de pato preto das futuras víctimas de tal manxar.
Para concluír a fugaz visita ós castelos, deixamos para o final (e porque cadraba de camiño) o impresionante castelo de Chambord. Co aspecto dunha mansión grande, o castelo está rodeado por inmesos xardíns e un canal que o bordea, onde se pode navegar cunhas barcas feitas para a ocasión. Xa chegamos demasiado tarde como plantexarnos entrar a visitalo, pero dimos unha volta ó arredor (que xa leva o seu tempo) e fumos a un bosqueciño pegado onde había un mirador para ver corzos e xabaríns. Nós só conseguimos ver unha familia destes últimos. Xa anoitecendo e cansados, collimos rumbo á terra de Juanita de Arco, a vetusta Orleáns, pero eso, como xa sabedes, é outra historia.
