Vida Social
Viajes
Europadiante. Capítulo final. A volta a casa Ainda que quedaban aínda varios días de viaxe, prefirín resumilos nunha última noticia e galería de fotos (na sección "De Bretaña a Galicia", en "viaxes", coas típicas subseccións de "lugares" e de "viaxantes"). Esos últimos días pasáronse rápidos, entre o cansancio acumulado e a tristeza por finiquitar a viaxe, esa viaxe que naceu un día na cabeza de Sergio, para despois cocela un día no Lanzós (ó principio íamos ir a Alemaña!!) e finalmente planificada ó longo de varios meses.
Neste último tramo, o día 11º saímos ata Carnac (en idioma bretón, Karnag). Pasamos a mañá vendo os aliñamentos de rocas, bastante impresionante, pero monótono. Despois fumos ata a península de Quiberon, e hacia a vila co mesmo nome (en bretón Kiberen). Comimos nun descampado de volta da vila e tiramos hacia St. Nazaire (tiñamos a opción de ir a Nantes, pero decidimos non ir máis a grandes cidades). Como non nos convencía para durmir alí, pasamos por varias vilas (Savernay, St. Etienne de Montuic...), sendo ese día o maior tute en coche. En "La Roche" non atopamos nada, e finalmente pernoctamos en "Les Sables D'Olonne" (91€ o hotel), do que pouco máis podo decir dela que ela unha vila con porto e mar, tipo Coruña. Ceamos nunha "crepería de Bretaña" por 51 €. Ó día seguinte saimos da bretaña e collimos rumbo a Cognac.
Cognac: Último día en Francia
Ó chegar a Cognac, medios famélicos (xa pasaba un rato da hora de comer), fumos a comer a un lugar onde servían Omelette francesas (ainda que non estou seguro se alguén as chegou a pedir...). Nesta vila tivemos unha ardua tarea de búsqueda de hotel, que nos fixo andar moito máis do que quixéramos. Finalmente atopamos un por 101 € (dúas camas de matrimonio -outra vez!-, nas que a repartición era bastante obvia...), o récord en aloxamento de toda a viaxe. Ceamos en "L Coq d'or" apurando o último día para tomar comida típica francesa (70 €). Alí tomamos todas as partes imaxinables dun pato no seu formato machacado e varios tipos de carne. Ó día seguinte, estaríamos en Donosti.
Día 13: Au revoir, Francia
Saímos ás 8 dirección Burdeaux e polo camiño paramos en Pons a almorzar. Ás 14 aproximadamente estábamos en Donosti. Atopamos sen problema aloxamento no albergue "La Sirena" (tirado de precio, 12,7 euros per capita) despois de barallar varios hoteis (moi caros). Comemos nun telepizza (30 euros). Despois fumos coñecer á cidade na que nos sorprende moi gratamente a visión nocturna da Contxa. Cuns txocolates e unhas tapas na parte antiga da cidade acaba a nosa expedición pola cidade. Como o albergue tiña toque de queda ás 2, decidimos que como nos esperaba unha longa viaxe o mellor era ir a durmir.
Día 14: Volta a casa
Este último día levantámonos cedo (sobre as 7) para poder estar en Galicia na tarde-noite. Agardávanos un día na estrada. Paramos a comer un rato antes de León (nun pobo que levaba a palabra "mula" non seu nome, é o único que teño anotado...). Ás 19 horas estábamos deixando a Estelilla en Cambre, sendo Yelina o noso primeiro contacto cun/cunha galego/a en varios días. Unha vez en Betanzos, o único que faltaba era quedar para o día seguinte para lavar o coche.
Gracias ó apoio e ata a seguinte viaxe
En fin, só queda por decir que agradezo o seguimento de moita xente que me comentaba os distintos capítulos e as distintas galerías. Está ben saber que a lo menos alguén lle saca partido a todo esto. Gracias e vémonos na próximas viaxes.
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|