Inicio
"Mini"-Camiño de Santiago
Escrito por xpab
miércoles, 30 de julio de 2008

Cada un combina como  pode as súas vacacións, os seus hobbies e o seu estado de forma e ánimo. Se o tempo non é moito, un dos hobbies é andar en bici e estado de forma é aceptable pois... que mellor que facer un tramo do camiño de Santiago en bici??

Dende aquí trataremos de dar unha pequena descripción-guía do camiño de Santiago en tres días en bicicleta dende O Cebreiro. Se lle das a "ver más" verás algunha foto máis e algunha pequena recomendación.

Juanito xa en Santiago 

 

Como non tiñamos quen nos levase nin en que transportarnos de forma autónoma, decidimos coller o tren para ir a un punto inicial do camiño, para despois ir hacia a capital. A opción máis factible era Sarria, pero o recorrido ata Santiago dende alí antoxábase curto para facer en 3 días. A solución foi, unha vez en Sarria, intentar ir ata o Cebreiro e despois retornar a Sarria para pernoctar. Sen embargo, non é boa idea para facer nun dos días máis calurosos do verán, así que despois de subir a San Xil, baixar a Triacastela e volver a subir rumbo a O Cebreiro, chega un punto onde decides que o mellor será voltar a Sarria, sobre todo cando para voltar aínda che quedan uns 40 km. Á volta volvimos por Samos (aínda que é algo máis longo o recorrido, é moito menos duro que volver por San Xil). En total, fixemos uns 70 km nesta primeira xornada. Recomendacións, pois as típicas, ter a bici en bo estado e ir con barritas enerxéticas e bebidas isotónicas.

O mellor deste tramo sen lugar a dúbidas é ver os montes da zona de Triacastela. O lugar de albergue, un gran acerto. Por 7 euros danche no albergue Don Álvaro un recibimento amable, bastantes servicios e barra libre de chupitos ó carón da lareira. Outra cousa é que che apeteza poñerte a beber chupitos despois de varias ducias de km. no día e saber que ó día seguinte o que agarda é levantarse cedo para facer outros tantos. 

Sarria dende o alto 

Sarria dende o alto 

Triacastela dende arriba

Saíndo de Triacastela

Coronadores

Montes de Lugo (Triacastela)

Pequeno paraiso en Samos 

Á volta por Samos

 De Sarria a Arzúa

O segundo tramo, a priori o día de máis km (80 km), foi o que se fixo máis levadeiro. A néboa mezclada con orballo á saída de Sarria da ás ó cansado peregrín. O camiño, cheo de peregríns, misterio e bosta de vaca é digno de película. Sobre todo polo meigallo dunha nublada mañá. Vacas rubias, enormes e calmados cans, labregos e pastores dan ó extranxeiro un atracón da Galicia profunda, misteriosa, rural. Deste tramo non hai fotos, pero de todos xeitos non se recollería nin unha pequena parte do encanto do camiño. Hai que vivilo. A metade de camiño paramos a comer en Melide, no restaurante "O Toxo". Bo lugar recomendado por un paisano melidense. 

 

Juanito ciclista 

Nalgún lugar do camiño....

 

De Arzúa a Santiago 

Trátase dun tramo amable para o ciclista (40 km), dun par de repeitos pero de maioría de baixada. Ó chegar a Santiago é curioso ir vendo as sedes de tódalas canles de televisión pública, así como as instalacións do aeroporta de lavacolla. Ademáis é gracioso ir adiantando ós perigríns que, a pe, fan os seus últimos km con unha gran ledicia.

Como non fixemos nada por conseguir as credenciales (nin tampouco tiñamos os km necesarios) acabamos (ou case) a nosa pequena aventura diante da catedral. Sen embargo aínda tiñamos toda a tarde por diante e decidimos voltar de Santiago a Betanzos en bici. Só recomendable para os que estén en boa forma..... En total, case 260 km en 3 días, quizais demasiado para unhas perna amater. Pero chegar, chegamos.


Peregrín en Santiago 

En Santiago 

Comentarios
Añadir nuevo RSS
Xuliña  - Sólo se puede decir... 79.144.169.xxx | 2008-07-31 17:39:21
GUAPOSSSSSSSS
xpab  - vaia... SAdministrator | 2008-07-31 22:52:39
buahahaha  - ñam ñam 156.34.215.xxx | 2008-07-31 23:55:20
Me encanta la primera foto
Anónimo 62.83.54.xxx | 2008-08-01 00:21:15
EEEEii!!! Muy bueno ese camino y siempre escucharás a los peregrinos decirte "buen camino" todo el rato hasta tu llegada a Santiago.
Realmente inolvidable y además es cierto esa magia en algunos tramos del camino, es indescriptible y muy recomendable vivirlo.
Animo a todo el que le guste la bici hacer algo así. Es bonito y además le pillas cariño a una bici, parece mentira pero es verdad. Y te das cuenta que te puedes transportar con tus piernas km y más km.....qué buenooo!!
Ánimos para todos los que lo quieran hacer.
xpab  - para o ano, Roncesvalles 213.60.180.xxx | 2008-08-03 12:10:12
A idea é facer o camiño en condicións, dende Roncesvalles. Alá estará Brigantio.com para informar.
Roger 84.78.94.xxx | 2008-08-26 23:38:15
Juan Sastre, jajajaja
una mallorquina dice... 88.17.44.xxx | 2008-08-28 20:28:32
tan sólo puedo decir...fiuuuuuu fiuuuuu

y......quines cames!!! xDDDDDDDDD

Juan ....dejan de ligar...vas a saturar la sim del movil...

saludos para los dos bellos de la foto!
deuuu
xpab  - merçí 213.60.182.xxx | 2008-09-02 17:40:25
Non estou moi posto no dialecto mallorquín, pero creo que o que nos chamas é algo así como un piropo

Un saúdo, vémonos!
Juan M.  - Gracias 62.83.52.xxx | 2008-09-02 17:57:37
Hola!!, Muchas gracias por escribir aquí.
Me gustaría saber exactamente qué significan las primeras palabras . No creas, no cras..., no creas que la saturo...es más la fama que me ponen que la verdadera realidad.
Espero que continúes el contacto, al menos en brigantio.
Saludos, besos y abrazo
Ahora toca subir a O Cebreiro para coronar el puerto...Allí estaremos:
Juan M.  - Respuesta a Roger. 62.83.52.xxx | 2008-09-02 18:00:12
Roger!!
Ahora toca atacar el uno de los puertos duros de Galicia para llegar a lo más alto y decir:
Campeoneeeeeeeess!!!
beatrisss  - mmm 88.17.44.xxx | 2008-09-05 13:17:32
pablo! te he entendido, pese al idioma! si al final seré gallega xDD

a juan también decirle que cames, significa piernas...(él sabrá de qué tema hablo...es personal, pero transferible)

a ver quién se atreve a venir a barcelona! a ver!! yo os esperaré con los BRAZOS abiertos!

alex está desaparecido, decidle que mire su correo y que os pase mi hotmail!

besoo, contactamos
p.d: eu co meu coche fago o que quero
Juan M.  - manteniendo contacto 62.83.54.xxx | 2008-09-07 20:00:21
Hola Beaaa!!
Sí, ya sé de qué tema hablas!! ;-)
Bueno, muchas gracias por la traducción, es que no se parece en nada a su nombre en español, pero así una palabra más para empezar a conocer el mallorquín.

Eii, chicos, ¿nos vamos a Barcelona en bici? El que llegue con fuerzas se merece:

En Sarria teníamos hidromasaje para relajar las piernas....umm, en Barcelona...¿qué tenemos?

Saludos brigantinos!!
....Bea...un beso y un abrazo!!
alex  - El regreso SAdministrator | 2008-09-07 20:48:16
NO estoy desaparecido...simplemente estoy...disperso, como siempre.

De todas formas, no hay que fiarse de las fotos de estos dos...elementos...hay mucho Photoshop en ellas. Lo que uno no llega a entender es como no hay ninguna foto de Juan con alguna chica en todo el reportaje, no sé, no sé...

El año que viene desde Roncesvalles, no se hable más...

p.d.: Miro el correo todos los días, creo que alguien me debe unas fotos... ...ejem...posiblemente lo tengas mal apuntado. Mi correo, el cual conocen todas las chicas del país, es:

alexsantos1981@yahoo.es

Probablement e el Cañonero se esté llevando las manos a la cabeza después de poner mi correo en público, pero...

Chicas brigantonias, podéis escribidme siempre y cuando queráis!!!
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."