Billetes para Oviedo....40 euros
Pensión en Oviedo....40 euros
Botella de Sidra.....3 euros
Aguantar a Cañita Brava rosmar no autobús Oviedo-Betanzos, no tiene precio
Ainda que foron varias as anécdotas da viaxe o Oviedo, dende logo a máis curiosa foi a de levar a Cañita Brava sentado no asento de atrás durantes 300 kilómetros. Un cambio de autobús averiado, entre outras incidencias, fixeron que non fose de moi bo humor dando un recital de maldicións e insultos.
Polo demáis Oviedo é unha cidade que gusta, e ademáis ten unhas festas bastante atractivas (San Mateo). Eso sí, para ir hai que pensar dúas veces a ruta que se colle, non tódolos estómagos aguantan os meneillos das curvas intergalegasturianas.
En canto a nós, Javi estivo basicamente todo o tempo patinando no parque San Francisco e Novo i eu mirando pola cidade o que podíamos.
O venres foi chegar e ir a buscar sidra por Oviedo
adiante. Cal foi a nosa sorpresa ó ver todo en festas e un ambiente
criminal. A xente en xeral, moi enrollada. A noite prolongouse ata o
día, e o sábado a facer turismo como podíamos (mentres Javi, adiviñade
o que facía
):
visita polo casco antigo e de noite máis carallada rodeados de
"Aninas", "Laurinas", "Davicines" o "Pablines" e as calles empapadas
con sidra. O domingo, calmado, ata que Cañita animou a tarde.
En fin, que merece a pena, ainda que nesta minicrónica non conte demasiado.
Hai bastantes fotos que porei na sección de viaxes da galería, para que a xente se anime e vaia, que está mellor velo en vivo i en directo.
Na foto veredes a unha persoaxe bastante coñecida. Está un pouco borrosa, pero eso de andar de escaqueo pillando instantáneas....
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|