Inicio arrow Vida Social arrow Viajes arrow St. Michel e o "descubrimento" Vannes
St. Michel e o "descubrimento" Vannes
Escrito por xpab
sábado, 12 de abril de 2008

En toda viaxe que se precie sempre hai un lugar co que non contabas e que sorprende gratamente. A cidade bretona Vannes  (en bretón Gwened) ocupou, no que a min respecta, ese lugar de honor. ¿E que decir de St. Michel, quizais o "Mount" máis coñecido? Se queredes, podedes ver cousas destes lugar no lugar habitual (galería->viaxes), con fotos dos lugares e de nós en eles.

Este día de viaxe (o 10º) foi dos máis completos, xa que hai que recordar que pasamos a mañá en Normandía para despois coller rumbo St. Michel e visitalo. O típico paseo nocturno, en esta ocasión por Vannes (entre St. Michel e o próximo destino, Carnac), foi dos máis fermosos de tódala viaxe. En realidade deste día non teño demasiados "apuntes", xa que como se pode ver foi bastante intenso. Para comer, levamos comida de supermercado e comimos "de campo" nos arredores do Mount St. Michel. O hotel en Vannes costounos 82 euros e ceamos pasta. Tamén teño apuntado "xente maja" en Vannes, así que se ides por alí seguro que vos tratan ben. No próximo capítulo (quizais o derradeiro) contarei a lo menos como eran os aliñamentos de Carnac. Atractivo, eh?

Michel e os viaxantes (parte deles) 

Comentarios
Añadir nuevo
en_galego  - resposta ao comentario deixado 77.209.32.xxx | 2008-04-13 21:39:20
Mira a min tampouco me gustan as modificacións que se fixeron na ultima normativa pero eu só digo que ese tópico é falso xq o galego do rural non é o mellor exemplo xa que todos sabemos que ese non é o verdadeiro galego.Con respecto a normativa hai cambios que poden estar ben pero hai algúns que a min me parece que se pasan e incluso se achegan ao portugues,cousa que non me gusta moito xa que o galego é lingua de seu.Grazas pola túa opinión agrado verte pronto x ali.SAUDOS
valba SAdministrator | 2008-04-14 09:58:30
Como a xente non vai saber a que ven o comentario anterior, pego aquí o enlace do blog de donde sale a cousa: http://www.blogoteca.com/en_galego/
Jovendemente 213.60.181.xxx | 2008-04-14 16:40:40
Para variar estou totalmente dacordo con Valba, ademáis paréceme un tema moi serio porque se está arranxando unha desfeita co galego nestes tempos que corremos. Unha entidade que se encargue de normalizar unha lingua ten o deber de plasmar unha normativa que reflexe o que se fala na rua, no agro ou onde demo se fale esa lingua, e non pretender que se faga ao revés. Non é moi normal que se pretenda que uns cantos estudiosos se poñan a rebuscar en libros de hai centos de anos pra considerar correcto o que a eles lles pete.
Se tomamos como exemplo o castelán (e supoño que calquera lingua europea da sua época), ao redor do século XVII formouse unha academia que se encargaba de limpar, fixar e de dar esplendor a unha lingua que se foi derivando do latín e que se falaba polo pobo vulgar dende había anos e que a xente culta foi adoptando como sua, deixando o latín para temas máis concretos como a ciencia e a teoloxía. A ninguén nese momento (polo menos que deixara repercusión) se lle pasou pola cabeza poñerse a mirar os libros de gramática latina pra rescatar expresións e vocablos nin para considerar que deberían formar parte do castelán desa época, que foi xusto cando se formou o que coñecemos todos nós.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación