The return
Escrito por xpab
sábado, 27 de octubre de 2007

Aquí estamos de novo. Despois de dúas semanas de viaxe, regresamos para contalo. Aínda é cedo para asimilar toda a viaxe, así que irei contando cousas por fascículos según me vaia acordando, sobre todo contar o que hai en cada sitio para que sirva de pequena guía para quen queira ir a ese lugar.

En xeral foi máis ben unha viaxe turística e cultural que festexeira. Ademáis en pleno outubro por Francia, Bélxica e Holanda non se pode agardar moito ambiente polas noites.

No seu momento contarei (con cadanseu galería gráfica) que nos pareceu Burdeos, Tours, os castelos do Loira, Orleans, Reims, Brujas (Bélxica), Amsterdam (Holanda), Amiens, Bayeux, praias e ceminterios de Normandía, Monte de S. Michel, Vannes, Carnac, Quiberon, Les Sables d'Olonne, Cognac, Donosti (Euskadi) e Cambre (Galicia) .

Se a alguén lle interesan as fotos dalgún lugar concreto, que as pida, xa que as que porei serán escollidas e con calidade reducida, que senón non hai espacio. 

En canto teña todas as fotos comezarei por Burdeos, que merece un apartado para el so.

 

Viaxantes: Conseman, "Corti", Seredka, Jovendemente e Xpab.

Comentarios
Añadir nuevo
Anónimo 80.58.205.xxx | 2007-10-28 18:15:19
Ola!!atopei esta páxina por casualidade e a verdade e que está moi ben, felicitacións. Menuda viaxe!! Aquí si que vivides ben!! Un saúdo e seguide así
xpab  - ok SAdministrator | 2007-10-28 18:28:34
Seguiremos así mentres nos dé o money
Tamén vos animo os/as anónimos/as a que poñades algún nome para poder diferenciarvos. A este paso só vai a haber "anómimos" firmando os comentarios!!!
anomima betanceira 80.58.205.xxx | 2007-10-28 18:44:11
bueno aqui vai o nome para diferenciarnos, para que non haxa queixas. ata outra!!
xpab  - está ben 213.60.180.xxx | 2007-10-29 12:02:17
Que emocionante saber que Seredka non é a única rapaza que mira a páxina
Jovendemente  - curiosidades 83.43.193.xxx | 2007-10-30 10:12:57
E curioso que o webmayestro escribira correctamente o nomes dalgunhas cidades como Brujas (que todos coñecemos como Brugge) ou Burdeos (Bordeaux)e se trabucara noutras como Donosti (São Sebastião en lingua vernácula) Será que os independentistas flamencos ao máximo que chegan é a insultar, e eso no caso de que os amoles moito...
xpab  - máis incoherencias 213.60.183.xxx | 2007-10-30 16:02:15
É curioso que digas que escribo "correctamente" o nome das cidades cando estou escribindo en galego e traduzo "Brugges" a "Brujas" e non a "Bruxas".
En fin, que cada un se fixa no que lle cadra
Jovendemente  - Trabuco sobre trabuco Registered | 2007-10-30 16:14:55
(Outro título que subirá as estadísticas da web)

Vese que eres un home de linguas... da gusto ver como combinas o inglés, castelán e castrapo na mesma liña : )
Eu en cambio máis aló de Meigas non sei de que me falan : (
xpab  - castrapo?? 80.38.225.xxx | 2007-10-31 08:25:08
Pois deberías ampliar o teu vocabulario, que meigas haberlas hailas, pero tamén che hai bruxas, a parte das oriundas de Bruxas.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >