Pois por fin arribamos á culmen da viaxe. Tras unha semana, chegamos un nublado venres á capital holandesa. Por suposto, este lugar está debidamente documentado nunha galería gráfica no apartado de viaxes. Dálle a "Leer más" se queres saber un pouco máis polo miudiño que foi de nós por eses lares.

En Amsterdam pódense facer moitas cousas. E conto aquí que andivemos
facendo nós. Pode que haxa censura, e pode que non. Eso só o saben catro
persoas neste planeta.
Saímos de Brujas cediño. A fronteira entre Bélxica e Holanda está moi
industrializada. Apenas hai uns cantos prados de vacas. Tiramos dirección
Utrecht, e o cabo de non moito tempo, estábamos na gran Amsterdam. O
tramo en coche é barato, uns 5 euros en peaxes dende Brujas.
Unha vez na capital, sorprende a cantidade de ciclistas que surcan as
rúas. O máis sorprendente é que non hai idades nin sexos para
utilizalas: homes, mulleres, vellos, rapaces... O tempo está revolto
(como se pode observar, na narración está todo moi telegráfico: estou sacando todo dunha pequena
libreta que levei á viaxe).
Fixemos un longo camiño dende un parking onde deixamos o coche (creo
recordar uns 40 euros dende o venres ata o domingo pola mañá) ata o
albergue. En principio só tíñamos o día do venres alugado por
internet. É recomendable facer a reserva con varios días de antelación,
sobre todo se é fin de semana. En Amsterdam dá igual que sexa Outubro,
o albergue estaba a rebosar. Cando chegamos, dinnos que preguntemos o sábado cedo (ás
7:30) para ver se deixan algunha cama libre. As habitacións son dunhas
20 camas, e pagamos (os catro) uns 80 euros por noite. Despois saímos a
comer, pero non atopamos nada que nos convenza e só tomamos unha
patacas e unhas curiosas croquetas xigantes. Despois dun chocolate e de
patear a cidade, ceamos nun italiano por uns 50 euros.
Despois de cear fumos a un coffeshop e tomamos algo. Casi nos colan
nunha festa universitaria (10 euros por cabeza), pero unha especie de
profesor-porteiro dí que nanai de la china. Tras eso, só temos folgos
para ir durmir.
Sábado
Pola mañá cedo, tivemos que
xestionar a nosa estancia para o sábado no mesmo albergue, con tan boa
sorte que nos deixan as mesmas camas nas que estábamos para esa noite.
O almorzo coma sempre xenial (había de todo).
Despois dun bo rato
na lavandería, fumos a dar unha voltiña e buscamos onde xantar.
Atopamos un lugar de bocatas-kebap. A pesar de que a nosa idea inicial
era ir a algún museo e recorrer Amsterdam en bici, non fixemos nada de
eso. Os museos estaban lonxe de onde andábamos e para alugar unha
bicicleta había que deixar 50 euros de fianza, o cal nos botou para
atrás. En vez diso, fixemos un pequeno "tour" guiado nunha barca polos
canais (11 euros por cabeza) no que (creo que todos) aproveitamos para
nalgún momento da viaxe, botar unha cabezadiña. Esta vez a cea foi nun
oriental, a bo prezo, previa visita a unha cervexería de Heineken.
Volvemos ir a un coffeshop, pero esta vez algo máis cedo, xa que en
Amsterdam pechan esos garitos bastante cedo (sobre a 1). Despois de
tomar algo alí, volvemos para a pensión, bastante cansados, para ó día
seguinte comezar o longo regreso. O domingo, durmiríamos en Amiens.