Pois sí. Para desgracia da páxina o máis activo do triunvirato xerente deste sitio web irase de vacacións por aí adiante unha temporada. Mentres, Valen e Álex (dende O Carballiño) deberán manter a páxina actualizada con noticias.
Á viaxe non acudirá so xpab, tamén Seredka, Jovendemente e Conseman farán turismo dende Betanzos ata Amsterdam, pasando, entre outros lugares, por Burdeos, Orleans, Brujas ou Amiens. Cando veñamos de volta traterei de documentar gráfica e literalmente sobre os lugares polos que pasemos, para o cal intentarei facer un diario de viaxe, para que outros se poidan aproveitar da nosa experiencia e coñecer un pouco mellor esas cidades a priori semidescoñecidas.
Durante a nosa ausencia poderedes facer apostas de que pasa durante a viaxe.... deixará Seredka a Jovendemente por Conseman??.... cantos días aguantarán se pelexarse os catro compoñentes??... en que cidade darán o expectáculo de calementos jovendemente e xpab??... quen se atraverá a facer de intérprete de francés???.... e de flamenco??
En fin, que se vos aburrides, xa tedes de que falar.
Xemeland e Party (sí, sí, escribín ben: Party)
O día 3 de novembro (sábado) os xemes celebran o seu cuarto de século na terra de Mesía. Xa hai moitos confirmados ó evento, que se é como anos pasados será cea-berbena ata ben entrada a noite. Deste evento seguirase informando puntualmente.
En canto á Party pendente dende hai 3 (?) anos, decir que por fin parece que está en marcha. Sería en Inés' House sobre o 10 de novembro, a semana seguinte ó cumple dos xemes. Faltan por concretar moitas cousas pero a proposta vai máis en serio que outras veces xa que, a lo menos, xa ten data potencial. Tamén sería fogueira-churrascada.
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|